"bilí" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 365.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade dunha planta para formar sementes por autofecundación de cada flor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización deportiva do automóbil. O automobilismo desenvolveuse a partir do 1895, cando se percorreu por vez primeira o traxecto París-Bordeos-París. Esta data significou o comezo dun progreso rapidísimo do deporte do automobilismo e popularizou as carreiras por estrada. Despois da tráxica carreira París-Madrid (1903), as competicións empezaron a ser organizadas en circuítos pechados ou autódromos, nos que foron aparecendo as medidas de seguridade que hoxe son regulamentarias. Actualmente se poden clasificar as diferentes probas automobilísticas en: carreiras de velocidade, de resistencia, de montaña, rallyes e autocross. A FIA (Federación Internacional de Automobilismo) organiza anualmente varias probas que puntúan para os campionatos de cada especialidade, entre os cales destacan o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e o Campionato do Mundo de Rallye. Na modalidade de rallyes, o coruñés Luís Rodríguez Moya proclamouse Campión do Mundo en dúas ocasións (1990 e 1992) como copiloto do madrileño...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica o automobilismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao automobilismo ou aos automóbiles.
-
PERSOEIRO
Poeta romanés. Coñecido polo pseudónimo Ion Barbu. Formado na escola parnasiana, evolucionou cara a unha abstracción e despersonalización totais, e aplicou, con linguaxe hermética, esquemas matemáticos á súa poesía. Entre a súa produción destaca Joc secund (O segundo xogo, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrato e período do Cámbrico inferior, situado sobre o Marianiano e por baixo do Cámbrico medio. O estratotipo está en Huermeda, preto de Calatayud, provincia de Zaragoza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Bilbiliano.
-
CIDADES
Cidade celtíbera localizada no Cerro de la Bámbola (Huermeda, preto de Calatayud). Perdida por Sertorio (74 a C) a mans de Metelo, foi romanizada de contado. Fillos de Bílbilis foron o poeta Marcial e os xuristas Materno e Liciniano. Pertencía ao convento xurídico cesaraugustano, na Tarraconense, como municipio itálico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Calatayud ou á antiga cidade de Bílbilis.
-
Natural ou habitante de Calatayud ou da antiga Bílbilis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua asiática da familia índica setentrional central. Ten uns cinco millóns de falantes e está estendido o seu uso en Gujarāt, Mandhya Pradesh, Mahārāshtra e Rājasthān.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción ou excreción da bile.
-
-
Relativo ou pertencente á bile ou que a contén.
-
Cada un dos esteroides que hai na bile, caracterizados pola posición cis dos aneis A e B e porque todos os grupos hidroxilo están en posición a. Os máis coñecidos son os ácidos cólico, desoxicólico, quenodesoxicólico e litocólico. Proveñen da síntese hepática a partir do colesterol e están na bile en forma de sales biliares conxugados coa glicina ou a taurina.
-
Nome xenérico que se lle dá a toda unha gama de substancias que proveñen da degradación da hemoglobina dos eritrocitos no fígado, no bazo e na médula ósea, e que teñen unha coloración verde ou amarela característica. Os máis importantes son a bilirrubina e a biliverdina.
-
Nome xenérico dunhas substancias altamente tensoactivas e moi solubles en auga que se atopan na bile e que teñen un papel importante no metabolismo intermedio como emulsionantes dos lípidos. Son os sales dos ácidos biliares conxugados con taurina ou glicina.
-
Condutos que levan a bile dende o fígado ata o intestino delgado. Son os condutos biliares intrahepáticos dereito e esquerdo, a súa reunión constitúe a canle hepática, o conduto cístico e o colédoco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua afroasiática da familia cusita central. Conta con 32.000 falantes.
-
-
Aplícase á organización familiar estruturada por grupos de parentela que inclúen parentes por liña materna e por liña paterna.
-
Relativo ou pertencente a dúas liñas ou que contén dúas liñas.
-
Aplicación f: E 1 ´E 2 →F entre espacios vectoriais, que é lineal respecto a cada unha das variables, é dicir, que satisfai f(ax 1 +y 1 ,x 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(y 1 ,x 2 ) e f(x 1 ,ax 2 +y 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(x 1 ,y 2 ).
-
Aplicación bilinear f: E 1 ´ E 2 →K dos espacios vectoriais E 1 e E 2 no corpo común de base K.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Madeira producida polas árbores dos xéneros Sarcocephalus e Nauclea, propios da África tropical, que se emprega no revestimento de mobles, en decoración, etc.
-
-
Que está escrito ou expresado en dúas linguas.
-
Que fala ou se desenvolve con facilidade en dúas linguas.
-
Que se caracteriza pola existencia do bilingüismo, especialmente se falamos dun territorio lingüístico.
-
-
-
Condición de bilingüe.
-
En xeral, o bilingüismo é o emprego de dúas linguas, e como tal se opón ao monolingüismo (emprego dunha soa lingua). Non obstante , o fenómeno do bilingüismo presenta dous aspectos ben diferentes: un individual e outro social. Como fenómeno social, o bilingüismo consiste na copresencia de dúas linguas no seo dun país, rexión, cidade ou grupo social. O bilingüismo non é un fenómeno da lingua, senón do seu uso; á Lingüística, en consecuencia, interésalle principalmente en función dos fenómenos de interferencia. A Psicoloxía e a Pedagoxía interésanse, pola contra, polas consecuencias do bilingüismo na formación do individuo. Modernamente, a Socioloxía ocúpase tamén do bilingüismo como elemento do conflito entre culturas diversas, o que contribuíu ao nacemento da Sociolingüística, de xeito que o bilingüismo individual é obxecto de estudo da Psicolingüística e o bilingüismo colectivo da Sociolingüística. No que atinxe ao primeiro, a cuestión que se presenta inicialmente é cál é o nivel...
-
-
-
Que ten abundancia de bile.
-
Que está causado por un exceso de bile.
-
Tipo de temperamento definido por Hipócrates para referirse aos individuos nos que na súa fisioloxía a bile é un factor dominante. Son suxeitos fracos, pesimistas e coa cara pálida e amarelenta. Este concepto, cientificamente obsoleto, persiste na linguaxe popular.
-
Que se caracteriza pola súa irritabilidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das proteínas que se eliminan na bile e que levan bilirrubina conxugada.