Barbilian, Dan

Barbilian, Dan

Poeta romanés. Coñecido polo pseudónimo Ion Barbu. Formado na escola parnasiana, evolucionou cara a unha abstracción e despersonalización totais, e aplicou, con linguaxe hermética, esquemas matemáticos á súa poesía. Entre a súa produción destaca Joc secund (O segundo xogo, 1930).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Giurgiu

  • Deceso

    Lugar : Bucarest