"brin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 70.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Realizou investigacións no campo da cristalización e da manufactura do aceiro que o levaron a idear, no ano 1900, o ensaio de dureza para metais e aliaxes que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das varas que atravesan entrelazadas as costelas dunha cesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ourensán. Concorreu á Exposición de Bellas Artes de Madrid no ano 1892 con dous bodegóns de obxectos de China e Xapón de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é fino, delgado ou esvelto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sudafricano. Moi influído polo nouveau roman, escribiu novelas e pezas teatrais de contido psicoloxista e de feitura experimental en lingua afrikaans e inglesa. Publicou Kennis van die Aand (Coñecemento da noite, 1973), prohibida polo goberno do seu país durante anos, An Instant in the Wind (Un momento no vento, 1976), Rumours of Rain (Rumores de chuvia, 1978), A Dry White Season (Unha estación seca e branca, Prix Médicis, 1979) e The Wall of the Plague (O muro da praga, 1984), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo e arqueólogo norteamericano. Foi un dos principais iniciadores da etnoloxía en EE UU. Estudiou a lingua e as tradicións dos indios de América do Norte e América Central. Publicou entre outras, The Maya Chronicles (Crónicas dos maias, 1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Davallia canariensis, Fam das davaliáceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • As sete estrelas principais, visibles a simple vista, do conglomerado das Pleiades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e pintor. Discípulo de Casto Sampedro Folgar, en 1906 ingresou na Sociedad Arqueológica de Pontevedra onde foi colaborador e debuxante oficial. Os seus traballos representan monumentos arquitectónicos realizados cun espírito arqueolóxico. O seu primeiro debuxo coñecido é Casa de Pontevedra, datado arredor de 1901, e produciu a maior parte da súa obra entre os anos 1906 e 1910. En 1909, co gallo da Exposición Rexionalista Galega de Santiago de Compostela, foi nomeado delegado da Sección Arqueolóxica e realizou, en colaboración co gravador Enrique Mayer Castro, os debuxos de catalogación da riqueza artística de Pontevedra e do arcebispado de Tui. No mesmo ano recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e trasladouse a Madrid onde descubriu a primeira lápida romana atopada na capital. Realizou tamén acuarelas enmarcadas nunha tendencia impresionista que evolucionou cara a un expresionismo no que sobresaía o grafismo e a cor. Entre os seus debuxos destacan: Tejados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Roma, onde realizou a obra titulada Protección. É tamén autor da escultura de Eduardo Vicenti situada en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 cebra.

    2. Humidade que se condensa nas paredes en forma de pingas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia nitroxenada que se obtén do tecido nervioso fervido cun álcali de composición non ben definida, pero afín á dos fosfátidos. Emprégase como antineurálxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga arma de fogo portátil que consiste nun canón unido por aneis a unha caixa que remata en punta. Empregouse na Península Ibérica a partir do s XV.

    2. Peza de artillería dos ss XVI e XVII de grande alcance. Está construída en bronce e o seu corpo ten un ancho de entre vinte e oito e trinta e tres bocas de fogo; exteriormente é troncocónica. Dispara balas de ferro cunha carga de pólvora do mesmo peso que o proxectil. Esta arma recibe tamén outros nomes como falconete, falcón ou media colobrina, segundo a cantidade de balas que poida lanzar.

    3. Cartucho de cartón reforzado con papel encolado e cheo de xofre, salitre, carbón e pólvora, que serve para encher a cabeza dos antigos foguetes de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma de fogo portátil que apareceu na Península Ibérica a finais do s XIV procedente de Francia ou Italia. Estaba formada orixinariamente por un canón máis curto ca o do fusil, unido a unha caixa. Durante o s XV evolucionou e dotouse dunha culata para apoiar no corpo e perdeu peso ata que se converteu nunha espingarda.

    2. Peza de artillería realizada en bronce, longa e de pouco calibre pero con moito alcance, que apareceu no s XV e caeu en desuso no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor e xornalista. Emigrou moi novo ao Brasil, onde estudiou e fundou o semanario A Lei (1896). En 1903 regresou e estableceuse na Guarda, onde fundou o semanario Heraldo Guardés (1905), que se converteu no decano da prensa agraria galega e no defensor do redencionismo e a loita contra o caciquismo. A súa defensa das tendencias liberais orixinou numerosos procesos xudiciais por delitos de imprenta. Defendeu a campaña do Directorio Antiforista de Teis e participou habitualmente como orador nos mitins redencionistas. Trala súa morte, como homenaxe e desagravio pola nova orientación do periódico, os seus discípulos editaron o Nuevo Heraldo, semanario republicano independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘sobriño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e político. Foi presidente do Comité Executivo Local do Partido Popular do concello de Narón e concelleiro voceiro. Elixido deputado do Congreso pola Coruña, ocupou este cargo na V, VI e VII lexislaturas, nas que foi membro da Comisión de Educación, Cultura e Deporte, e vicepresidente primeiro da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína insoluble, derivada do fibrinóxeno, que forma parte da rede fibrosa dos coágulos do sangue ou do plasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de fibrina no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fibrina.

    2. Alteración do tecido conectivo, apreciada sobre todo nos vasos sanguíneos, como resposta a reaccións inmunolóxicas que se producen en certas enfermidades.

    3. Substancia fibrinoide presente na placenta como dexeneración da decidua e do trofoblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO