Darse Sobrino, Xosé

Darse Sobrino, Xosé

Impresor e xornalista. Emigrou moi novo ao Brasil, onde estudiou e fundou o semanario A Lei (1896). En 1903 regresou e estableceuse na Guarda, onde fundou o semanario Heraldo Guardés (1905), que se converteu no decano da prensa agraria galega e no defensor do redencionismo e a loita contra o caciquismo. A súa defensa das tendencias liberais orixinou numerosos procesos xudiciais por delitos de imprenta. Defendeu a campaña do Directorio Antiforista de Teis e participou habitualmente como orador nos mitins redencionistas. Trala súa morte, como homenaxe e desagravio pola nova orientación do periódico, os seus discípulos editaron o Nuevo Heraldo, semanario republicano independente.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Porto

  • Deceso

    Lugar : A Guarda