"chamo" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 27.

    1. Apelido de orixe toponímica. Os nomes de lugar Chamoso semellan ter un significado fitonímico: lugar onde se ía buscar material para o lume; xa que logo, remitirían ao latín flamma ‘chama’ máis un sufixo abundancial -oso. A mesma orixe ten o apelido Chamosa.

    2. Liñaxe que trae como armas escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, cunha pata de ave de prata, movente do flanco sinistro; segunda partición, en campo de goles, cunha pata de ave de prata, movente do flanco sinistro; sobre o todo, un ovo tamén de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e arqueólogo. Licenciado en Dereito e doutor en Filosofía e Letras (1933) pola Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia no Instituto Nebrija de Madrid. Durante a Guerra Civil traballou desde 1938 no Servicio de Recuperación Artística e, en 1939, foi nomeado inspector dos Depósitos de Arte. En 1940 accedeu ao cargo de comisario da 3ª Zona do Servicio de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional (Euskadi, Navarra, Aragón e Catalunya) e, en 1945, desempeñou o mesmo cargo na 1ª Zona (Galicia, Asturias, León e Zamora), durante máis de trinta anos. A instancias súas redactáronse en 1964 as Instruciones del Patrimonio Artístico Número Cuatro, que protexeron o núcleo antigo de Santiago de Compostela da especulación inmobiliaria. En 1967 foi nomeado director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e, en 1977, subdirector xeral de Belas Artes. Como funcionario do corpo facultativo de conservadores de museos, reorganizou e instalou gran número destas institucións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político libanés, cristián maronita. Accedeu á presidencia da república en 1952, cargo do que dimitiu en 1958 ante o clima de conflito civil creado pola oposición musulmana. Dirixente do Partido Nacional Liberal, en 1973 organizou unha milicia do seu partido, que combateu os fedaín palestinos instalados no Líbano. Foi tamén ministro de Finanzas (1975-1976) e de Asuntos Exteriores e Defensa (1976). En 1979 integrou os seus seguidores, xunto cos da Falanxe Libanesa, na Fronte Libanesa Cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se lles bota aos froitos para evitar o seu roubo e que   provoca o inchazo dos beizos ao comelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Foi unha das figuras máis relevantes do galeguismo en Bos Aires. Cofundou a Asociación Protectora de la Real Academia Gallega en 1919. Creou a revista Acción Gallega (1920), da que foi director, e cofundou o xornal Correo de Galicia (1924). Presidiu a Organización Nacionalista Republicana Gallega (1936-1937) e o Centro Gallego de Bos Aires. Colaborou en diversas publicacións e publicou Encol da nosa Galiza: conferenza (1935). Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO