Chamoun, Camille

Chamoun, Camille

Político libanés, cristián maronita. Accedeu á presidencia da república en 1952, cargo do que dimitiu en 1958 ante o clima de conflito civil creado pola oposición musulmana. Dirixente do Partido Nacional Liberal, en 1973 organizou unha milicia do seu partido, que combateu os fedaín palestinos instalados no Líbano. Foi tamén ministro de Finanzas (1975-1976) e de Asuntos Exteriores e Defensa (1976). En 1979 integrou os seus seguidores, xunto cos da Falanxe Libanesa, na Fronte Libanesa Cristiá.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dayr al

  • Deceso

    Lugar : Qamar

  • Deceso

    Lugar : Beirut