"deus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 44.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou nas xanelas superiores da nave principal de San Isidoro de León. Construíu as pontes de Esla e Puente Miña. Atribúeselle a dirección das obras da igrexa de Quintanaluengos (Palencia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio de Bilbao, Bizkaia, agregado á capital en 1930. Asentado á dereita do río Nerbión, é sede da universidade homónima, fundada polos xesuítas en 1866.
-
-
de endeusar ou endeusarse.
-
Que ten ou implica endeusamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de endeusar ou endeusarse.
-
-
Tratar a alguén como se fose un deus, resaltando as súas calidades positivas.
-
Considerarse alguén un deus.
-
-
GALICIA
Profesor de matemáticas e director da Escola de Belas Artes da Coruña. Cómpre destacar as súas obras Tratado de aritmética y geometría para los alumnos de esta asignatura en las Escuelas de Bellas Artes (1871) e Geometría (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e compositor alemán. Como compositor estreou singspiele, titulados Die Lustige Musikenten (Os músicos divertidos, 1805) e Undine (1816), unha das primeiras óperas románticas. Como escritor destacou con Der goldene Topf (A pota de ouro, 1812) e Nussknacker und Mäusekönig (Crebanoces e o rei dos ratos, 1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo, director teatral e escenógrafo polaco. Durante a ocupación nazi creou en Cracovia o Teatro Independente de xeito clandestino. Do mesmo xeito creou a compañía coa que desenvolvería e difundiría o seu estilo teatral, chamada Teatro Cricot 2, fundada por el en 1955. Influído ao comezo polo surrealismo e o expresionismo, posteriormente achegou ás súas obras elementos de tipo informalista. Das súas obras destacan A clase morta, Que rebenten os artistas, Aquí non volverei máis e Hoxe é o meu aniversario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Mereczowszczyźna 1746 - Solothurn, Suíza 1817) Militar lituano. Dirixiu a resistencia dos patriotas polacos contra os rusos, aos que venceu en Raclawice (1794). Vencido por rusos e prusianos en Maciejowice (1796) foi feito prisioneiro, pero posteriormente foi liberado (1798) e exiliado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión coa que se manifesta asombro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde relixiosa dedicada á educación dos nenos, fundada en Roma por san Xosé de Calasanz, para continuar a súa obra de escolas populares. Paulo V constituíuna como congregación en 1617 e Gregorio XV en orde relixiosa en 1621, quen aprobou as constitucións en 1622. Por desavinzas internas, Inocencio X suprimiuna como orde en 1646, aínda que non abandonaron as escolas, e en 1656 e 1669 foron de novo elevadas a congregación e a orde. Na Península Ibérica introducíronse por Catalunya. En 1683 fixouse a primeira fundación estable en Moiá. A supresión das ordes relixiosas no s XIX non incluíu a dos escolapios, pero a de 1837 afectoulles gravemente na diminución de persoal e de actividades docentes. Ademais, a promulgación de plans de estudios puxo fin á súa autonomía pedagóxica e en 1859 foron declaradas establecementos privados. Coa Revolución de 1868 os concellos deixaron de financialas.
-
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Os seus dotes musicais prodixiosos foron axiña observados polo seu pai, que decidiu educalo e, á vez, exhibilo, xuntamente coa irmá maior Maria Anna Nannerl, como fonte de ingresos. En 1763 emprendeu unha viaxe grazas á que coñeceu a orquestra e o estilo de Mannheim, a música francesa en París e o estilo galante de J. Ch. Bach en Londres. En Milán coñeceu a G. B. Sammartini, e en Boloña a G. B. Martini. Destes anos datan os primeiros cuartetos para corda, as sinfonías K 183, 199 e 200 (1773), o concerto para fagot K 191 (1774), as óperas La finta giardiniera (1775) e Il re pastore (1775), diversos concertos para piano, a serie de concertos para violín e as primeiras sonatas para piano (1774-1775). En París, onde marchou con súa nai en 1777, estreou a sinfonía K 297 e un ballet. Nos anos seguintes compuxo as sinfonías K 318 e 319 e a ópera Idomeneo, re di Creta (Múnic, 1781), influída por Gluck, que foi a primeira das súas grandes...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. Aplicou un sentido bíblico e mitolóxico ao seu tema preferido, a vida no agro. Destacan, en poesía, Prorocy już odchodza (Xa se van os profetas, 1956), Psalmy (Salmos, 1956) e Nowe psalmy (Novos salmos, 1958), e das súas novelas, Takie wieksze wesele (Este casamento máis grande, 1966), A jak królem a jak katem bedziesz (Cando sexas rei, cando sexas verdugo, 1968), Prorok (O profeta, 1977) e Wnieboglosy (A grandes berros, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista polaco. Tocou temas moi variados nas súas novelas, como a vida dos polacos en Alemaña na posguerra en Oboz wszystkich swietych (O campo de todos os santos, 1957) ou as viaxes do Papa Xoán Paulo II en Aleja dobrych znajomych (A avenida dos bos amigos, 1968). Tamén publicou as novelas Piknik wolnosci (O picnic da liberdade, 1959) e Syn zadzumionych (Fillo de apestados, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. Cos seus escritos na revista Zwrotnica, converteuse nun dos principais teóricos do vangardismo polaco. Na súa obra tentou vincular a poesía coa moderna civilización técnica. Autor de diversos ensaios, escribiu unha novela sobre Cristovo Colón (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico polaco. Estudou medicina na Universität Zürich, onde foi profesor, ao igual que na Universität Basel. Naturalizado suízo, realizou numerosas investigacións, como as dos compostos heterocíclicos, a vitamina C, as hormonas, a adrenalina ou o ácido pantoténico. En 1950 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus descubrimentos sobre as hormonas da codia adrenal, a súa estrutura e os seus efectos biolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e dramaturgo polaco. Da súa obra destacan W malym domku (Na caseta, 1908), Glupt Jakob (Xacob o simple, 1910), un dos seus títulos fundamentais; e Wilki w nocy (Lobos na noite, 1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo polaco. Marcado pola guerra e a ocupación alemá, nos seus primeiros poemas, sinxelos, ofrece a imaxe dun mundo cruel e deshumanizado. Destacan Niepoko’j (Angustia, 1963) e Poemant otwarty (Poema aberto). O seu teatro recolleu a preocupación polos problemas morais da civilización, como Kartoteka (O ficheiro, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aventureiro. En Italia uniuse ao exército de Vítor Manuel II e logo ás tropas de G. Garibaldi, co que participou na expedición da toma de Marsala (Sicilia) en 1860.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ser medio divino por ser fillo dun deus e dunha muller ou dun home e unha deusa.
-
Ser inmortal, anxo ou monstro, que participa da natureza dos deuses.
-
-
Persoa á que se admira moito.
-