"dición" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición feita conxuntamente por dous ou máis editores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Madrid en 1918 por Nicolás María Urgoiti, propietario de La Papelera Española. O 1 de xaneiro de 1926 fusionouse coa tamén editora Hijos de J. Espasa, de Barcelona, da que xurdiu a editorial Espasa-Calpe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido carlista que, durante a Segunda República, agrupaba as tendencias ortodoxa, integrista e tradicionalista do carlismo. Desenvolveu diversas estratexias políticas, entre elas, formar un grupo no Congreso cos nacionalistas vascos, aínda que tiñan proxectos políticos opostos, crear a coalición política TYRE (Tradicionalistas y Renovación Española) co partido monárquico afonsino Renovación Española, e, finalmente, achegarse ás posturas cercanas ao derrocamento da República. Durante a Guerra Civil organizou os requetés en Navarra e Catalunya, e en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.
-
-
de condicionar.
-
-
Calidade propia dun ser ou dunha cousa por natureza.
-
Maneira de ser dunha persoa, dende o punto de vista moral.
-
Conxunto de aptitudes dunha persoa.
-
-
-
Calidade ou circunstancia necesaria para que se dea un feito determinado.
-
Determinación que se inclúe nun negocio xurídico polo que se subordinan os efectos dun negocio, na súa totalidade ou nalgunha das súas cláusulas, ao cumprimento dun acontecemento incerto. Segundo os seus efectos pode ser: suspensiva, se subordina a eficacia do negocio ao cumprimento da condición; ou resolutoria, se do cumprimento da condición depende o cesamento dos efectos do negocio. O Código Civil de España non contempla as condicións modificativas porque supoñen unha alteración do contido do negocio. Atendendo á presenza do interesado, as condicións poden ser causais ou potestativas, segundo dependan ou non da vontade dos interesados.
-
Circunstancia necesaria para a produción dun fenómeno pero que, a diferenza da causa, non intervén nesta positivamente. Tende a considerarse como causa o conxunto de condicións.
-
Antecedente dun xuízo hipotético.
-
...
-
-
-
-
-
Calidade propia dun ser ou dunha cousa por natureza.
-
Maneira de ser dunha persoa, dende o punto de vista moral.
-
Conxunto de aptitudes dunha persoa.
-
-
-
Calidade ou circunstancia necesaria para que se dea un feito determinado.
-
Determinación que se inclúe nun negocio xurídico polo que se subordinan os efectos dun negocio, na súa totalidade ou nalgunha das súas cláusulas, ao cumprimento dun acontecemento incerto. Segundo os seus efectos pode ser: suspensiva, se subordina a eficacia do negocio ao cumprimento da condición; ou resolutoria, se do cumprimento da condición depende o cesamento dos efectos do negocio. O Código Civil de España non contempla as condicións modificativas porque supoñen unha alteración do contido do negocio. Atendendo á presenza do interesado, as condicións poden ser causais ou potestativas, segundo dependan ou non da vontade dos interesados.
-
Circunstancia necesaria para a produción dun fenómeno pero que, a diferencia da causa, non intervén nesta positivamente. Tende a considerarse como causa o conxunto de condicións.
-
Antecedente dun xuízo hipotético.
-
condición “sine qua non”
Condición sen a que non se realizará unha cousa ou se terá por non feita.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de condicionar.
-
-
Que só é válido ou realizable baixo certas condicións ou circunstancias.
-
pospretérito.
-
-
Que expresa unha condición ou suposición.
-
conxunción condicional
Conxunción que introduce a cláusula que indica a condición necesaria para que se realice algo. En galego son conxuncións condicionais se e como, pero tamén se distinguen locucións condicionais (ou conxuncións condicionais complexas) que desempeñan a mesma función; entre elas, sempre que, a pouco que e con tal que.
-
-
Aplícase á conectiva binaria ou diática se... entón. O seu emprego réxese pola regra: un condicional só é falso se o seu antecedente é verdadeiro e o seu conseguinte é falso; en todos os demais casos é verdadeiro. Adoita simbolizarse mediante o signo D. Así, por exemplo, p D q lese: “se p, entón q”.
-
liberdade condicional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de condicional.
-
-
Acción e efecto de condicionar.
-
Modificación do comportamento, propia dos seres con capacidade de aprendizaxe, en función da experiencia. Esta conduta está constituída polo conxunto de respostas aos diversos estímulos ambientais. Nos organismos superiores, a maioría destas respostas son aprendidas. Distínguese entre o condicionamento clásico ou pavloviano, descrito por Ivan Petrovič Pavlov, e o condicionamento operante ou instrumental, experimentado primeiramente por Edward L. Thorndike. O primeiro refírese á conduta neurovexetativa, emocional e afectiva, e o segundo explica a conduta relacionada coa resolución de situacións problemáticas.
-
Modificación da estrutura e da composición química do medio causada polos organismos que habitan nel.
-
Influencia do contexto lingüístico sobre as variacións que poida ter unha unidade lingüística. Por exemplo, emprégase a forma comparativa como cando lle segue un verbo en forma persoal (Come tanto como bebe) e a forma coma, cando vai seguida de pronome persoal tónico (É tan alto coma ti).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que condiciona.
-
-
-
Facer que algo estea supeditado a unha determinada condición para a súa realización.
-
Constituír algo unha traba ou impedimento.
-
-
-
Determinar o comportamento, o pensamento ou a actitude dun individuo.
-
Crear novas pautas de comportamento a partir das pautas do suxeito, sexan innatas (instinto) ou aprendidas (reflexo condicional).
-
-
Efectuar as operacións necesarias para determinar o grao de humidade, lonxitude, finura, elasticidade, resistencia, etc, das materias téxtiles para clasificalas e proceder á súa avaliación comercial.
-
-
-
Acción de contradicir ou contradicirse.
-
Relación entre palabras ou feitos que se contradín.
-
Oposición formal con alguén ou con algunha cousa.
-
Oposición absoluta entre dous termos.
-
Principio da lóxica aristotélica coñecido tamén como principio de non-contradición. Na tradición escolástica constituíu o primeiro principio ontolóxico: é imposible que unha cousa sexa e non sexa ao mesmo tempo e baixo o mesmo aspecto. Na lóxica moderna enténdese como o teorema do cálculo proposicional: non poden ser certos simultaneamente A e non A [~(A~A)]. A tradición do principio lóxico e metafísico, que parte da filosofía da inmutabilidade do ser de Parménides, foi constante ao longo da historia. Modernamente, tanto Hegel (no sentido idealista) coma Marx (no sentido materialista) constitúen a súa antítese e o punto de partida de diversas correntes de pensamento actuais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edicións do Cumio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación militar aliada contra Turquía que se desenvolveu en 1915 coa intención de comunicarse con Rusia e forzar o abandono de Turquía da Primeira Guerra Mundial. Os desembarcos de Gallípoli e o ataque a Selddülbahir foron neutralizados polos turcos, comandados por Mustafà Kemal e Liman von Sanders. Os aliados retiráronse o 20 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto de renderse, na antiga Roma, un pobo ou unha cidade a discreción e sen condicións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en 1942 en Barcelona polo grupo da revista que levaba o mesmo nome. Dende 1996 forma parte da editorial Planeta. Especializada na edición de obras de autores da posguerra, divide a súa produción en castelán nas coleccións: “Áncora y Delfín”, “Clásicos contemporáneos”, “Ensayos Destino”, “Obras varias”, “Grandes libros ilustrados”, “Arte”, “Destinolibro” e “Biblioteca Destino”. En 1946 comezou a publicar obras en catalán nas diversas coleccións: “El Dofí”, que desde 1969 inclúe o Premio Josep Pla, “L’Ancora”, “El Trident” e “Sunion”. Convocou a primeira edición do Premio Nadal en 1944. Galardón que lle foi concedido a Álvaro Cunqueiro con Un hombre que se parecía a Orestes (1968) e a Alfredo Conde con Los otros días (1991). Tamén presenta o Premio Destino-Guión e, desde o ano 1981, o Premio Apel.les Mestres de literatura infantil e xuvenil ilustrada.
-
-
-
Maneira de falar, pronunciar ou expresar un enunciado, en especial un discurso. Diferéncianse a dicción naturalista, que tenta emular unha expresión verosímil segundo o personaxe representado, e a dición artística, que potencia os artificios retóricos e dramáticos do discurso teatral á marxe de toda vontade realista.
-
Arte de dicir, recitar ou falar con xusteza e coas maneiras axeitadas.
-
-
Figuras retóricas que actúan directamente sobre a expresión lingüística e poden afectar tamén ao sentido dos enunciados. Divídense en metaplasmos, que afectan ao nivel fónico, e metataxes, que inciden sobre a morfoloxía e a sintaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Listaxe en que se recompila, xeralmente en orde alfabética, o conxunto de palabras, xiros e sintagmas dunha lingua, ou ben os termos dunha técnica, arte, ciencia ou especialidade, xunto cos correspondentes significados ou equivalencias noutra lingua. Pode incluír xunto a cada termo a súa pronuncia, etimoloxía, información sobre a clase de palabra, exemplos de uso, sinónimos e contrarios, etc. O formato tradicional en que se presenta é o libro, pero a expansión da informática deu lugar á existencia de dicionarios en soporte electrónico. O termo dicionario apareceu por primeira vez no Ditionarium (s XIII) do musicólogo John of Garland. Ata o Renacemento os termos predominantes foron os de vocabularium, que recollía vocábulos para os estudiantes; glossarium, ou colección de glosas, que interpretaba voces antigas; e lexicon, que reunía locucións e expresións. A existencia de dicionarios está testemuñada xa na cultura asiria (s VI a C) e posteriormente en Grecia e Roma, onde constituían repertorios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario lexicográfico e etimolóxico elaborado por Joan Coromines, en colaboración con José Antonio Pascual, publicado en seis volumes (1980-1991). Este dicionario revisa, amplía e actualiza o anterior dicionario publicado por J. Coromines (Dicionario crítico etimológico de la lengua castellana, 1954-1957). Nel resólvense problemas etimolóxicos e estúdiase o léxico do castelán e do resto das linguas (galego, portugués, éuscaro e catalán) e dialectos hispánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.