contradición
(
-
s
f
Acción de contradicir ou contradicirse.
Ex: As constantes contradicións na súa declaración reflectían a súa culpabilidade.
-
s
f
Relación entre palabras ou feitos que se contradín.
Ex: A obra está chea de contradicións.
-
s
f
Oposición formal con alguén ou con algunha cousa.
Ex: Non admito contradicións. Xurdiron contradicións no seo da sociedade que deron lugar a dúas empresas diferentes.
-
s
f
Oposición absoluta entre dous termos.
Ex: A afirmación dun dos membros en contradición comporta a negación do outro. Era moi agudo á hora de buscar contradicións nos textos.
-
principio de contradición
[FILOS]
Principio da lóxica aristotélica coñecido tamén como principio de non-contradición. Na tradición escolástica constituíu o primeiro principio ontolóxico: é imposible que unha cousa sexa e non sexa ao mesmo tempo e baixo o mesmo aspecto. Na lóxica moderna enténdese como o teorema do cálculo proposicional: non poden ser certos simultaneamente A e non A [~(A~A)]. A tradición do principio lóxico e metafísico, que parte da filosofía da inmutabilidade do ser de Parménides, foi constante ao longo da historia. Modernamente, tanto Hegel (no sentido idealista) coma Marx (no sentido materialista) constitúen a súa antítese e o punto de partida de diversas correntes de pensamento actuais.