"dril" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 31.

  • Relativo ou pertencente aos ladrillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de barro cocido ou secado ao sol, de forma rectangular, empregada na construción. O seu uso é moi antigo. O ladrillo secado ao sol, ou adobe, é de pouca consistencia. Coñecido en época neolítica, foi o principal material utilizado nas construcións mesopotámicas e persas e usouse tanto nos pavimentos coma nas bóvedas. Os romanos utilizárono ata a fin da época republicana. O ladrillo vidriado apareceu no I milenio a C. O ladrillo cocido ao lume chegou a Roma a mediados do s I a C e difundiuse por todo o Imperio. En moitas ocasións revestíase de mármores e mosaicos. Coñecido polos musulmáns desde finais da época omeia, na Idade Media europea empregouse nos lugares onde escaseaba a pedra. Na arquitectura bizantina, e desde o Renacemento, tivo fins decorativos. A súa elaboración é de baixo custo. Trala preparación da masa, acométese o modelado, xeralmente realizado con prensa, o secado, en cámaras ou túneles, e a cocción no forno. É moi resistente á humidade e á calor e a súa cor varía...

    2. Ladrillo prensado que ten as caras maiores fundidas para recibir a masa e evitar que as xuntas queden moi abertas. Emprégase nos paramentos de ladrillo visto.

    3. Ladrillo elaborado con arxila rica en cal e óxido férrico, cocido ata a vitrificación, e que, pola súa dureza, se emprega nas constucións hidraúlicas.

    4. baldosa.

    5. Ladrillo elaborado con barro cocido a temperaturas baixas (900-1.100°C).

    6. Ladrillo secado ao sol.

    7. Ladrillo elaborado por comprensión dunha masa a base de area, cemento e cal hidraúlico, que non se somete a cocción.

    8. Ladrillo elaborado con cemento e escouras de coque para conseguir unha maior lixeireza.

    9. Ladrillo elaborado con morteiro de cal, arxila e cortiza, ou só con cortiza e un aglomerante.

    10. Ladrillo elaborado con vidro empregado na construción de paramentos translúcidos, claraboias e outros elementos que permiten o paso da luz.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Madrid ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos primates que mide 1 m de lonxitude e pesa uns 50 kg. É moi robusto e está dotado dunha gran forza muscular, cunha cabeza moi grande e viseira supraorbital marcada. O fociño é alongado, de cor negra nas femias e vermello cunhas protuberancias cutáneas laterais azuis nos machos. O pelame é longo e pouco denso, dunha cor terrosa no dorso e os flancos, amarelenta no peito e abrancazado no ventre. Habita nas selvas de África occidental, e aliméntase dunha gran variedade de plantas e pequenos animais. De costumes sedentarios, habita en grupos de ata 50 individuos, dirixidos por un macho vello. Ten un carácter agresivo e irritable.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Utensilio de forma cilíndrica ou cónica que se introduce no orificio dunha peza para suxeitala.

      2. Utensilio destinado a igualar un orificio e deixalo á medida exacta.

      3. Utensilio que serve para arrincar parafusos dobrados, e que consiste nun parafuso cónico enroscado cara á esquerda.

    1. Fío ou barra metálica que se introduce dentro das sondas ou cánulas para aumentar a resistencia e facilitar a súa penetración, ou ben dentro das agullas de inxección para impedir que se atasquen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de mandrilar.

    2. Operación de mecanización que consiste en ensanchar un burato cilíndrico. O mandrilado realízase normalmente mediante unha mandriladora cunha ou máis brocas dun só fío, pero tamén se pode realizar cunha máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se encarga de manexar a mandriladora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega para mandrilar metais. Está constituída por unha base, un montante, en que está o cabezal que acciona a broca, e unha táboa onde se fixa a peza a mecanizar. A broca ten un movemento de rotación, mentres que o movemento de avance é realizado pola táboa portapeza ou pola mesma broca. Para situar a peza en relación coa broca de mandrilar, desplázase a táboa nas mandriladoras de montante fixo, ou ben o montante nas mandriladoras de montante móbil. As mandriladoras múltiples fan diversas operacións ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensanchar ou pulir o burato dunha peza de metal cun mandril ou mandriladora.

    VER O DETALLE DO TERMO