mandriladora
mandriladora
(< mandrilar)
s
f
[TECNOL]
Máquina que se emprega para mandrilar metais. Está constituída por unha base, un montante, en que está o cabezal que acciona a broca, e unha táboa onde se fixa a peza a mecanizar. A broca ten un movemento de rotación, mentres que o movemento de avance é realizado pola táboa portapeza ou pola mesma broca. Para situar a peza en relación coa broca de mandrilar, desplázase a táboa nas mandriladoras de montante fixo, ou ben o montante nas mandriladoras de montante móbil. As mandriladoras múltiples fan diversas operacións ao mesmo tempo.