"homo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 99.

  • Aplícase aos animais que teñen todos os dentes iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás figuras xeométricas que teñen os mesmos focos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación existente entre dúas ou máis palabras diferentes que se pronuncian igual, independentemente de cómo se escriban.

    2. Emprego, nunha composición musical, de voces semellantes ou a distancia de oitava.

    3. Evolución das voces, nunha peza musical, tendo en conta só a relación vertical entre elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á peza musical que ten unha soa voz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á unidade en que se produce homofonía. Por exemplo, valor ‘valentía’ e balor ‘mofo’; bou ‘arte de pesca’ e vou ‘verbo ir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na produción de isogametos por parte dun organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta homogametia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de reprodución na que se aparean individuos con similitudes fenotípicas ou xenotípicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación existente entre dúas ou máis palabras diferentes que se escriben igual, independentemente de cómo se pronuncien, de que pertenzan ou non á mesma categoría gramatical, etc.

    2. Transformación xeométrica biunívoca do plano ou do espazo que conserva a aliñación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á homografía.

    2. Aplícase ás figuras entre as que se pode establecer unha homografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á unidade en que se produce homografía. Por exemplo, présa [‘ε] ‘rapidez’ e presa [‘e] ‘cantidade’; óso [‘ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ ] ‘parte do esqueleto’ e oso [‘o] ‘animal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á polinización dunha flor por pole dun mesmo individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está ou se produce no mesmo lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que se deriva duha reacción homolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á homólise.

    2. Reacción que consiste na ruptura simétrica dun enlace covalente de forma homoxénea. Sobre cada un dos dous fragmentos que se producen queda un electrón procedente do dobrete electrónico enlazado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser homologado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de homologar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer unha cousa en relación de igualdade ou semellanza con outra.

    2. erificar alguén con autoridade para facelo, que algo cumpre unhas características determinadas.

    3. Confirmar un organismo competente o resultado dunha proba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corresponde a outro ou que ten as mesmas caraterísticas ou funcións ca outro.

    2. Aplícase aos órganos de vexetais e de animais que teñen a mesma orixe embriolóxica, aínda que non teñan necesariamente a mesma forma ou a mesma función, como por exemplo os brazos dos mamíferos e as ás das aves.

    3. Aplícase aos elementos conectados por algunha relación, algunha correspondencia ou algunha transformación.

      1. Aplícase aos compostos que pertencen á mesma serie homóloga.

      2. serie homóloga

        Serie de compostos homólogos que difiren entre eles só no número de grupos metileno (-CH2 -) e que presentan grupos funcionais idénticos.

    4. Aplícase aos puntos, ás caras ou ás arestas dun cristal que se poden superpoñer aplicando operacións de simetría de primeira especie.

    5. Aplícase ao grupo de cromosomas dunha célula que teñen a mesma información para os mesmos caracteres, aínda que poden estar representados por alelos diferentes. Únense por parellas na meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de homólogo.

    2. Transformación xeométrica do plano ou do espacio, tal que cada punto e a súa imaxe están aliñados cun punto fixo denominado centro de homoloxía, e se tres puntos son aliñados, as súas imaxes tamén o son.

    3. Teoría que estudia as transformacións entre espacios topolóxicos que conservan certas estruturas alxébricas definidas en cada espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO