homólogo -ga
(< lat homolŏgu < gr ὁμόλογος)
-
adx e s
Que corresponde a outro ou que ten as mesmas caraterísticas ou funcións ca outro.
Ex: En circunstancias homólogas eles actuarían de forma diferente. O ministro reuniuse co seu homólogo portugués.
-
adx
[BIOL]
Aplícase aos órganos de vexetais e de animais que teñen a mesma orixe embriolóxica, aínda que non teñan necesariamente a mesma forma ou a mesma función, como por exemplo os brazos dos mamíferos e as ás das aves.
-
adx
[MAT]
Aplícase aos elementos conectados por algunha relación, algunha correspondencia ou algunha transformación.
-
[QUÍM]
-
adx
Aplícase aos compostos que pertencen á mesma serie homóloga.
-
serie homóloga
Serie de compostos homólogos que difiren entre eles só no número de grupos metileno (-CH2 -) e que presentan grupos funcionais idénticos.
-
adx
-
adx
[FÍS]
Aplícase aos puntos, ás caras ou ás arestas dun cristal que se poden superpoñer aplicando operacións de simetría de primeira especie.
-
adx
[XEN]
Aplícase ao grupo de cromosomas dunha célula que teñen a mesma información para os mesmos caracteres, aínda que poden estar representados por alelos diferentes. Únense por parellas na meiose.