"ibn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Médico oculista iraquí. É autor dun tratado sobre as enfermidades dos ollos. Semella que foi o primeiro en empregar o procedemento da succión nas operacións de cataratas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei da Taifa de Granada. Representante da causa bérber na Península Ibérica, enfrontouse ao partido árabe arraigado en Sevilla e triunfou nesta tarefa. Anexou diversos territorios: Jaén, parte de Córdoba (1038) e Málaga (1057); así mesmo, unificou os bérberes.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo hebreo. Escribiu en árabe un tratado ético-moral Kitāb al-hidaya ilā farā’id al-qulūb (Libro da guía sobre os deberes dos corazóns), expoñente da corrente neoplatónica da época, que acadou unha gran sona. É tamén autor de diversos poemas relixiosos incluídos na liturxia penitencial hebraica.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo andalusí. Visir dos almorábides en Zaragoza, Sevilla e Granada, probablemente morreu envelenado pola envexa do seu colega Abū-l-’Alā’ ibn Zuhr. De cultura enciclopédica, expuxo a posibilidade da unión do home coa divindade en Risālat al-wadā’ (Letra do adeus), Risālat ittisal al-’aql bī-l-insān (Tratado da unión do intelecto co home) e, especialmente, en Tadbīr al-muta-wā ḥḥ id (Réxime do solitario), coñecido pola tradución hebrea de Moše Narbonī, onde influído, por al-Fārābī, describe o itineario da alma cara a Deus. A doutrina de Avempace, base do Panteísmo de ibn Ṭ ufayl, desenvolveuna Averroes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Décimo Emir do Al-Andalus (740-742). O Califa Hišām (724-743) enviouno a axudar ao seu delegado na Ifrīqiya durante a revolta dos bérberes do 740. Foi derrotado e tivo que se refuxiar en Tánxer, onde foi liberado polo gobernador do Al-Andalus ‘Abd al-Malik. A raíz deses acontecementos Bal ǧ foi proclamado Emir, pero morreu pouco despois. As forzas sirias, que el introducira, orixinaron un problema social que resolveu o emir Abū-l-Ha ṭṭ ār (743-745) instalándoas segundo o modelo oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eséxeta do Alcorán. Estudiou en Oriente. Introdutor das doutrinas xafeítas: acusado polos malikitas, foi absolto polo Emir Mu ḥ ammad. Compuxo un comentario (tafsĩr) do Alcorán e un dicionario (musnad) de tradicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e escritor andaluz. Continuou a Ta’rīh ‘ulamā Al-Andalus de ibn al-Fara ḋ ī, con 1400 biografías de literatos andaluces, en al- Ṣ ila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta persa en lingua árabe. Do seu diwan consérvanse uns seis mil versos. Inventou novas combinacións estróficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático árabe, coñecido en Occidente por Albategnius. Habitou en Al-Raqqa, preto do Éufrates. Deu aos estudios astronómicos un enfoque científico. Continuador da obra de Ptolomeo, perfeccionou algúns puntos do seu Almaxesto. Dedicouse á confección de táboas e mediu con máis precisión ca os gregos a inclinación da eclíptica e o ano trópico. Observou as eclipses do Sol e da Lúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político tunesino. Estudiou leis na Université da Sorbonne. Exerceu de avogado en Tunes e converteuse en militante do partido Destour do que se separou en 1934 e fundou o Parti Socialiste Destourien. Emprendeu unha intensa propaganda en favor da independencia de Tunisia, feito polo que estivo en prisión. Trasladado a Roma en 1940, apoiou os aliados na Segunda Guerra Mundial. Regresou ao seu país en 1942 e foi arrestado polos alemáns. Fuxiu de Tunes en 1945 e instalouse no Cairo. Foi aceptado polos franceses como mediador nas negociacións pola independencia (1954-1956). Foi Presidente da Asemblea Nacional e xefe do goberno (1956), máis tarde proclamou a República (1957), da que foi Presidente. Estableceu un programa socializador baseado na reforma agraria e nas colectivizacións industriais e comerciais. Participou no FNL de Alxeria e conseguiu a retirada das forzas francesas da base de Bizerta. En 1974 foi proclamado presidente vitalicio do seu partido, e no ano seguinte de Tunisia. Dende...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Predicador turco. Foi un dos fundadores da seita dos drusos e predicou a encarnación de Deus no califa fatimita al-Hākim.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, filólogo e tradicionalista andalusí. Coñecido tamén como ibn Ğumayyil, foi dúas veces cadi de Denia, de onde foi destituído pola súa conduta escandalosa. Exiliado, ensinou en Tunisia (1198) e viaxou polo N de África, Oriente Próximo e Mesopotamia. A partir de 1207 estableceuse en Exipto e foi protexido polos califas aiúbidas al-Adil e al-Kamil, de quen foi preceptor. Dirixiu a Dār al- ḥ adīt do Cairo, fundada expresamente para el, pero tamén foi destituído. Foi un dos difusores máis destacados da cultura andalusí nas escolas orientais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Visir do califa abbásida al-Mu’tasim. Convertido á relixión musulmana, foi o encargado da educación do califa, que o nomeou visir no 833. Acusado de prevaricación tres anos despois, foi apreixado e os seus bens confiscados.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo xudeu. De orixe española, das súas obras destacan a compilación relixioso satírica do Séfer ha-měbaqqeš (Libro do escudriñador da verdade), Séfer ha-Nefes (Libro da alma) e Iggéret ha-musar (Epístola moral).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viaxeiro e historiador. Cadí de València, escribiu unha Historia dos sabios de Al-Andalus, que permitiu un mellor coñecemento dos primeiros séculos da dominación árabe na Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder mourisco. Tintureiro, iniciou a revolta mourisca nas Alpujarras (1568-1570) e intentou sen éxito a toma da cidade de Granada en 1568.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Alquimista árabe. Fóronlle atribuídas numerosas obras, algunhas delas circularon por Europa baixo o nome occidentalizado de Geber.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e poeta xudeu. Coñecido como Avicebrón, trasladouse de neno a Zaragoza, onde se formou na cultura árabe e hebrea. Filósofo neoplatónico, influíu en numerosos filósofos escolásticos franciscanos, polo que foi considerado ata 1846 como cristián. Elaborou un sistema baseado na existencia dunha materia ou substrato común das cousas materiais e espirituais e unha forma ou principio de diferenciación que teñen o desexo de unirse unha a outra e que esta unión é a clave da perfección; e afirmou que a oposición entre o Deus único, infinito e eterno e o mundo múltiple, finito e perecedeiro, esixe a existencia de intermediarios como o intelecto, a alma e a natureza. Como poeta destacou polas súas poesías profanas moi influídas na forma e no contido pola poesía árabe. Entre as súas obras, nas que utilizou indistintamente o árabe e o hebreo, salientan Kéter malkut (Coroa real), Kitāb i ṣ lā ḥ al-akhlāq...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo persa. Coñecido como Algazel, foi o introdutor da lóxica aristotélica na teoloxía musulmana. Entre as súas obras destacan Tahāfut al-falāsifa, coñecida en Occidente como Destrutio Philosophorum, e a apoloxía mística I ḥ yā’ ‘ulūm al-dīn (Revivificación das ciencias da relixión).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político árabe de orixe andalusí. Instalado no N de África, ocupou importantes cargos en diferentes cortes norteafricanas e andalusís. Emigrado a Siria, tivo que refuxiarse por motivos políticos no Cairo, onde foi cadi ata a súa morte. Foi moi coñecido en Occidente pola súa Historia Universal, que constitúe a primeira análise científica das estruturas económicas, sociais e políticas que condicionan a historia. Empregou as fontes históricas con obxectividade, enunciou a teoría das xeracións que limitaban a duración dunha dinastía e considerou a relixión como un fenómeno político social.
VER O DETALLE DO TERMO