Gabirol, Šĕlomó ibn

Gabirol, Šĕlomó ibn

Filósofo e poeta xudeu. Coñecido como Avicebrón, trasladouse de neno a Zaragoza, onde se formou na cultura árabe e hebrea. Filósofo neoplatónico, influíu en numerosos filósofos escolásticos franciscanos, polo que foi considerado ata 1846 como cristián. Elaborou un sistema baseado na existencia dunha materia ou substrato común das cousas materiais e espirituais e unha forma ou principio de diferenciación que teñen o desexo de unirse unha a outra e que esta unión é a clave da perfección; e afirmou que a oposición entre o Deus único, infinito e eterno e o mundo múltiple, finito e perecedeiro, esixe a existencia de intermediarios como o intelecto, a alma e a natureza. Como poeta destacou polas súas poesías profanas moi influídas na forma e no contido pola poesía árabe. Entre as súas obras, nas que utilizou indistintamente o árabe e o hebreo, salientan Kéter malkut (Coroa real), Kitāb ilā ḥ al-akhlāq (Libro da corrección dos caracteres) e Mukhtār al-giawāhir (Selección de perlas).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Málaga

  • Deceso

    Lugar : València