"louren" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 54.

  • Mosteiro situado no lugar de Vilanova (Lourenzá). Foi fundado polo conde Osorio Gutiérrez, o Conde Santo, na primeira metade do s X. Puido ter ordes beneditinas de ambos os dous sexos, e de ser así manteríanse ata 1089. Reformouse nos ss XVII e XVIII. A fachada da igrexa foi construída no s XVIII por Casas Novoa e destaca o retablo maior, deseñado por Ventura Rodríguez (1766). Osorio Gutiérrez ten o seu sepulcro nesta igrexa, nun sartego paleocristián do s IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘sol’.

    2. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘lúa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Alternou a narrativa para adultos coas súas creacións para o público infantil e xuvenil, e foi un innovador do relato breve. Das súas obras destacan Algúns outros (1991, finalista do II Premio Torrente Ballester), Da esfinxe (1992), O patadón (2001), Estanislao, príncipe de Sofrovia (2002) e Irmán do vento (Premio Merlín de Literatura Infantil 2003). O relato “O xardín onde repousa o vento” foi premiado no Certame de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo. Como dramaturgo publicou Auto do Entroido (1995) e A Música da noite (2001, Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, dramaturgo e ensaísta. Desenvolveu un labor docente na escola teatral Casahamlet. En 1965 fundou o grupo de Teatro Independente O Facho, e posteriormente puxo en marcha novas iniciativas como Teatro Circo (1969), a Escola Dramática Galega (1979), a Compañía Luís Seoane (1981) e Elsinor Teatro a principios da década de 1990. Dirixiu textos de diversos autores, con compañías como o CDG, Uvegá Teatro ou Os Quinquilláns, e dos seus espectáculos destacan Os vellos non deben de namorarse (1977), As criadas (1980), A casa dos afogados (1991), Electra (1994), Copenhague (1995), Últimas fasquías de setembro (2000) e Liturxia de Tebas (2003). Na creación dramática destacan as traducións do Woyzeck de Büchner e Quartett de Heiner Müller, e a publicación de Romaría ás covas do demo (1975), Viaxe ao país de Ningures (1977, II Premio de Teatro Infantil O Facho), Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1978, Premio Abrente), Todos os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi arcediago de Sisto II, quen lle confiou o tesouro da Igrexa, que distribuíu entre os pobres. Segundo a lenda morreu queimado nunha grella, baixo o imperio de Decio. Foi un dos santos máis antigos no culto hispánico (s V) e invócase contra as queimadelas. Na iconografía represéntase como un mozo novo, imberbe, de ampla tonsura monacal, que viste alba talar, dalmática diaconal e manípulo no brazo esquerdo. Como atributos leva a palma do martirio e o libro dos Evanxeos e como atributos persoais a grella ou un cofre. A súa festividade celébrase o 10 agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do xentilicio étnico latino Laurentius ‘de Laurentum’, cidade das máis primitivas de Lacio. Descoñécese o seu étimo (prerromano), pero unha etimoloxía popular vinculouno a lauretum ‘bosque de loureiros’. Consérvase tamén como apelido, aínda que a forma galega é minoritaria con respecto á forma Lorenzo. Deste nome deriva o topónimo Lourenzá, a través da forma latina Laurentiana. San Lourenzo (s III), arquidiácono do Papa Sisto II, celébrase o 10 agosto e san Lourenzo de Brindisi, o 21 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida situada en Melias (Coles). De nave única e de pequenas dimensións, destaca polos elementos prerrománicos que conserva, como unha ventá de pedra decorada con vans circulares e rectangulares xeométricos. Representa o exemplo típico de ermidas que se construíron polas terras da ribeira do Miño durante a Alta Idade Media .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1960 e situado na igrexa do mosteiro beneditino de Vilanova, en Lourenzá. Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa colección inclúe importantes pezas de ourivaría, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria, das que destacan un sartego do s V, unha ara e unha lauda do s IX e un relicario do s XVII. Conta coa biblioteca monacal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Construída no s XII, foi reedificada en 1781. Ten unha soa nave, fachada moderna e conserva a ábsida semicircular orixinal románica. No seu interior destaca a bóveda de canón e no fondo da nave ten un Agnus Dei sobre o testeiro cunha cruz de palmas. Na parte L obsérvase o escudo da Santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Pedraza (Monterroso). De orixe románica, sufriu importantes reformas entre os ss XVIII e XIX. Ten planta de cruz latina con ábsida rectangular e coa sancristía acaroada. Destaca a fachada cunha porta con arco de medio punto. A torre-campanario remata en espadana de dous corpos e un van, con escaleiras de acceso desde o exterior. No muro norte conserva cinco canzorros da construción románica orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Guarda. Trátase dun templo con tres naves e varias capelas, reformado en diversas ocasións. Destaca na ábsida o brasón coas armas dos Ozores, Soutomaior, Castro e Pereira, tocado coa coroa real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá de 3.058 km de lonxitude. A conca comprende dúas partes diferenciadas: a serie consecutiva dos cinco Grandes Lagos (Superior, Huron, Michigan, Erie e Ontario), dos que o río é o emisario, e o val fluvial mesmo, desde a saída do lago Ontario ata a desembocadura no golfo de San Lourenzo, máis abaixo de Québec. O esteiro ten 570 km de lonxitude e unha anchura que vai desde os 25 km ata 110 km. No período 1954-1959 foi construída a vía marítima do San Lourenzo de 305 km, que permite salvar os 69 m de desnivel entre Montréal e o lago Ontario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porqueira baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gomesende baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moraña baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Meis baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO