"mao" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 37.

    1. Relativo ou pertencente a Maó, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Maó.

    3. Dialecto catalán que se falou a partir do primeiro terzo do s XX en San Agustin (Florida).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo maorí ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo maorí.

    3. Pobo da illa do Norte (Nova Zelanda). Coñecen o tear vertical e a agricultura. Cren en diferentes deuses, entre os que destacan Tanemahuta, que garda as árbores e os paxaros, e Tangaroa, que protexe o mar e os peixes. Tiveron longas loitas contra os colonizadores no s XIX, pero seguiron habitando a illa xunto a eles.

    4. Lingua da familia malaio-polinesia do phylum austronesio. De estrutura fonética e morfolóxica moi simplificada, caracterízase pola falta de consoantes sonoras e por unha extrema simplificación da flexión verbal. A súa escritura, creada polos misioneiros, está impresa en revistas e libros. Existe unha literatura moderna propia escrita en maorí, que se asimilou á civilización europea e foi creada por poetas e escritores novos. Durante a colonización inglesa intentouse asimilar a cultura maorí á británica. Pero, desde os anos setenta intentouse revitalizar o idioma, primeiro mediante escolas de educación inicial, emisoras radiais e festivais culturais en maorí, e máis tarde fomentouse nas institucións educativas a inmersión plena. En 1987 pasou a ser o segundo idioma oficial do país. Non obstante , estas medidas apenas influíron no aumento de número de falantes de maorí. Coa intención de cambiar esta situación, creouse, en abril de 2004, unha nova canal de televisión que emite en maorí unhas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Pertenceu a un antigo priorado do mosteiro de Samos ata 1835, e correspondeuse quizais co de San Xiao de Moreda, documentado xa no s X. De estilo románico, o templo data do s XII e ten unha soa nave e ábsida rectangular. Destaca o arco triunfal de medio punto apoiado sobre pilastras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título dado a cada unha das cabeceiras das sete provincias en que foi dividida a Escocia céltica, chamadas mormaorships e equivalentes a condados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Teixeiro (Lugo). O seu cumio acada os 571 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Labio (Lugo). O seu cumio acada os 630 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Investigador de artes plásticas, centrouse no obxecto e na instalación. Realizou artefactos de alabastro en función do xogo visual e que se presentan como obxectos-ofrenda que estatizan a súa presenza coma un rito. Mesturou materiais como ferro, alabastro e materias orgánicas. Das súas obras destacan El artificio de la escultura, Máquina compleja para un turista del Norte (1991) e Siete mundos (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Romao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Guntín. baixo a advocación de San romao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Carballedo. baixo a advocación de San romao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado no Incio. De propiedade real, Vermudo II doouno en 991 ao abade de Samos, Mandino, que xunto ao seu irmán Vitiza o cedeu un ano despois para administración do propio mosteiro de Samos. A igrexa, de estilo románico, ten planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Incio, o. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO