maorí
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo maorí ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo maorí.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo da illa do Norte (Nova Zelanda). Coñecen o tear vertical e a agricultura. Cren en diferentes deuses, entre os que destacan Tanemahuta, que garda as árbores e os paxaros, e Tangaroa, que protexe o mar e os peixes. Tiveron longas loitas contra os colonizadores no s XIX, pero seguiron habitando a illa xunto a eles.
-
s
m
[LING]
Lingua da familia malaio-polinesia do phylum austronesio. De estrutura fonética e morfolóxica moi simplificada, caracterízase pola falta de consoantes sonoras e por unha extrema simplificación da flexión verbal. A súa escritura, creada polos misioneiros, está impresa en revistas e libros. Existe unha literatura moderna propia escrita en maorí, que se asimilou á civilización europea e foi creada por poetas e escritores novos. Durante a colonización inglesa intentouse asimilar a cultura maorí á británica. Pero, desde os anos setenta intentouse revitalizar o idioma, primeiro mediante escolas de educación inicial, emisoras radiais e festivais culturais en maorí, e máis tarde fomentouse nas institucións educativas a inmersión plena. En 1987 pasou a ser o segundo idioma oficial do país. Non obstante , estas medidas apenas influíron no aumento de número de falantes de maorí. Coa intención de cambiar esta situación, creouse, en abril de 2004, unha nova canal de televisión que emite en maorí unhas oito horas diarias.