"moro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 59.
-
GALICIA
Economista e político. Interventor do Banco de España (1960) e director xeral de Pescanova SA (1962-1975), foi nomeado director xeral de Pesca Marítima no Ministerio de Comercio (1975-1978) e subsecretario de Pesca e Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións (1978). Integrouse no Banco de España como director xeral en Barcelona (1980) e chegou a ser subdirector xeral (1989). Foi deputado no Congreso de los Diputados por UCD (1977-1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Foi secretario xeral (1959) e presidente (1976-1978) do Partito Democrazia Cristiana polo que foi primeiro ministro (1963-1968 e 1974-1976). En 1978 a organización de extrema esquerda Brigate Rosse secuestrouno e, posteriormente, asasinouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anthonis Mor van Dashorst.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san Thomas More.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (34.500 km2; 539.404 h [2000]. A súa capital é Lae (78.038 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
amorodeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amorodo.
-
GALICIA
Xurista e político. Foi reitor da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1980-1983), profesor universitario e director da Revista de Política Comparada. Foi cofundador e deputado do Partido Socialista Popular (PSP), parlamentario europeo polo CDS e embaixador de España ante a UNESCO e en Portugal (1995-1999). Escribiu Política y partidos en Chile: las elecciones de 1965 (1968), España 1970: perspectiva (1970), Por una sociedad democrática y progresista (1982), Los orígenes ideológicos del franquismo: acción española (1985), La transición política (1993) e Atando cabos: memorias de un conspirador moderado (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amorodo.
-
REXIÓNS
Rexión de Tanzania (70.799 km2; 1.483.000 h [estim 1994]. A súa capital é Morogoro (117.760 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á persoa de aspecto desaliñado e sen xeito.
-
Que ou quen amosa un carácter introvertido e taciturno.
-
-
CIDADES
Cidade da Arxentina, situada ao NL da provincia de Bos Aires, a 26 km do centro de Bos Aires (641.541 h [1991]). Co crecemento da capital nacional pasou a formar parte da súa área metropolitana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado preto das serras Subbéticas e regado polo Guadaira (27.710 h [2001]). É un centro agrario con cultivos de cereais e oliveiras e de gando bovino, porcino e de la, con industrias derivadas. As canteiras tamén favoreceron o desenvolvemento da fabricación de materiais de construción (cemento e xeso).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Director da produtora Articket. Comezou cantando na Escolanía da Catedral de Santiago, para estudar logo solfexo e guitarra. Foi un artista predisposto a abordar unha arte urbana, cun folk de estilo progresivo con influencias psicodélicas. Formou parte de Voces Ceibes pouco antes de se desfacer como colectivo. Membro da Sociedad General de Autores, do xurado dos Premios da Crítica e dos Premios Reconquista, desde a década de 1990 dedícase á produción musical. Da súa discografía en solitario cómpre salientar Estamos chegando ao mar (1976), Alcabre (1978) e Aluminio (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Ecuador (33.930 km2; 113.300 h [2001]). A súa capital é Macas (18.459 h [1995]).
-
MONTES
Monte situado ao N da parroquia do Tameirón (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.020 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Comores, situada en illa Grande Comore (34.168 h [1995]). É o centro administrativo, económico e eclesiástico de Comores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de Moretto de Brescia e un dos precursores da pintura realista do s XVII en Lombardia. Traballou en Bérgamo e destacou como retratista. Pintou Coronazione della Madonna na igrexa da Trinità e os retratos Il sarto e Dama italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos morónidos.
-
Peixe da familia dos morónidos.
-
Familia de peixes, da orde dos perciformes, moi próxima á dos serránidos, pero dos que se diferenza por presentar sempre dúas aletas dorsais, a primeira delas formada por radios espiñosos, o preopérculo dentado e unha coloración gris dominante. Son bos nadadores e habitan nas costas rochosas, nas praias e nos portos, así como nas augas salobres dos esteiros.
-
-
PERSOEIRO
Pintor xaponés. Iniciado nos estilos cortesáns kano e tosa, despois de instalarse en Edo, foi un dos primeiros creadores do estilo burgués e cidadán ukiyo-e (1660?). Pintou temas amorosos en xilografías, estampas e ilustracións para libros cunha linguaxe onde predominan a lírica flexible, o clímax erótico e a pulcritude compositiva.
VER O DETALLE DO TERMO