Morón Giménez, Bibiano Adonis
Morón Giménez, Bibiano Adonis
Cantautor. Director da produtora Articket. Comezou cantando na Escolanía da Catedral de Santiago, para estudar logo solfexo e guitarra. Foi un artista predisposto a abordar unha arte urbana, cun folk de estilo progresivo con influencias psicodélicas. Formou parte de Voces Ceibes pouco antes de se desfacer como colectivo. Membro da Sociedad General de Autores, do xurado dos Premios da Crítica e dos Premios Reconquista, desde a década de 1990 dedícase á produción musical. Da súa discografía en solitario cómpre salientar Estamos chegando ao mar (1976), Alcabre (1978) e Aluminio (1979).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela