"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • No s XIX desenvolveu o seu labor como mestre de ensino primario en varias localidades galegas antes de pasar á Escola Normal de Mestres de Ourense como rexente. Publicou Tratado de Aritmética, seguido de nociones de Geometría, para todos los alumnos que concurren a las diversas escuelas y colegios de primera enseñanza (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque nacional da Laponia sueca, ao SO do lago de Torneträsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escavación feita ao redor dunha árbore ou planta que permite reter a auga ou expoñer as raíces para que se aireen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escavar ao redor dun vexetal unha focha para que se conserve a auga ou airear as súas raíces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sen branquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome empregado por Laura Saint-Martin Permon, escritora francesa casada en 1799 co xeneral napoleónico Jean Andoche Junot, duque de Abrantes. Publicou diversas obras que reflicten os principais acontecementos da época. Destacan as súas Mémoires et Souvenirs d’une ambassade et d’un séjour en Espagne et Portugal (Memorias e lembranzas dunha estancia en España e Portugal, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carencia conxénita de brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir con broquel para defender.

    2. Cubrirse con broquel como medio de defensa.

      1. Tirar cara a sotavento os puños da escota dos foques.

      2. Tirar cara a popa os penois de barlovento das vergas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título persoal concedido ao príncipe Luís Amadeo de Savoia-Aosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Abucara (Edesa 740 - Ḥ arrān, Osroene 820) Bispo e escritor siríaco. Foi discípulo de Xoán Damasquino e o primeiro escritor cristián que fixo uso do árabe en materia relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo do Califa almohade Abū Mu ḥ ammad ‘Abd al-Mu’min, a quen sucedeu no Califato (1163). Fora Valí de Sevilla en vida do seu pai. Enfrontouse a ibn Mardaniš, soberano de València e de Murcia, que tentaba apoderarse de Córdoba. Estableceu a corte califal en Sevilla (1172), dende onde arrincaron as súas expedicións contra os cristiáns, como a que sitiou Santarem. Mandou construír o alcázar e mais a mesquita sevillanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Califa almohade. Sucedeu ao seu pai Abū Ya’qūb Yūsuf (1184). A súa atención preferente á fronte aberta polos almorábides no Reino de Mallorca favoreceu o avance dos cristiáns en terra firme, situación que o levou a enfrontarse contra os cristiáns en Alarcos (1195), onde derrotou a Afonso VIII de Castela, derradeira gran vitoria musulmá no Al-Andalus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia imperial fundada polo Emperador chinés Xuanzong da dinastía Tang (740). Perdurou ata o afundimento do réxime imperial (1911). Tivo importancia nos eidos da lingua, a literatura e as artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada pola Convención Nacional en 1795, suprimida por Napoleón en 1803 e restablecida polo goberno de Luís Felipe en 1832. Ten a súa sede en París. Artéllase en cinco seccións: Filosofía; Moral e Socioloxía; Historia e Xeografía; Lexislación, Dereito Público e Xurisprudencia; e Economía Política, Estatística e Finanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • esícula estéril dunha hidátide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provocar no ánimo dunha persoa ou animal, irritación, enfurecemento ou ira ata chegar ao límite da agresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección reiterada de escasa gravidade que se manifesta, xeralmente, co avance da idade.

      1. Característica propia dunha persoa que se pode manifestar como defecto ou mesmo vicio.

      2. Designación dese defecto ou vicio.

    2. Escusa ou imputación inventada e falsa coa que se quere evitar a responsabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matteo de Acquasparta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto Xeneral da Compañía de Xesús (1581-1615). Enfrontouse coa persecución anticatólica en Inglaterra, co problema dos hugonotes en Francia e co cisma provocado por Gabriel Vázquez en Castela. Fixo publicar a Ratio Studiorum. Con el acadou gran pulo a Compañía de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión francesa, que quere dicir ‘posesión comunitaria’, dada ao conxunto de normas, xurisprudencia e actos políticos vixentes na Comunidade Europea e que son de obrigado cumprimento polos gobernos, empresas, asociacións e persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO