achaque
achaque
(<ár aš-šakā’ ‘a queixa, a enfermidade’)
-
s
m
Afección reiterada de escasa gravidade que se manifesta, xeralmente, co avance da idade.
Ex: Miña avoa pasou dous días na cama polos seus achaques de reuma.
Sinónimos: alifafe. Confrontacións: indisposición. -
s
m
-
Característica propia dunha persoa que se pode manifestar como defecto ou mesmo vicio.
Ex: Sempre lle andaban a lembrar os seus achaques negativos.
-
Designación dese defecto ou vicio.
Ex: Está namorada porque, segundo ela, o seu noivo non ten ningún achaque.
-
-
s
m
Escusa ou imputación inventada e falsa coa que se quere evitar a responsabilidade.
Ex: Non posuía ningún argumento convincente e só puido contestar con achaques.