achaparrar
achaparrar
(< chaparro)
-
v t
Dar forma de chaparro a algunha cousa.
Ex: Deulle por achaparrar a bóla de pan antes de metela no forno.
-
v i
Engrosar unha árbore crecendo pouco en altura.
Ex: Neste inverno a ameixeira achaparrou.
-
v i
Quedar unha persoa repoluda, grosa e de pouca estatura.
Ex: O rapaz achaparrou e non foi quen de medrar.