"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
PERSOEIRO
Historiador da literatura e crítico francés, fillo do científico André-Marie Ampère. Foi un dos primeiros que se trasladou ás fontes da orixe como método para establecer unha literatura comparada. É o autor, entre outros libros, de: Historia romana en Roma (1858), obra na que estableceu o seu método analítico baseado no emprego de fontes orixinais, rexeitando as versións modernas, medievais ou aquelas chegadas pola transmisión e reprodución de textos, para fixar os textos que servirían de base aos estudios de literatura comparada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista francés. Profesor de latín e grego. Chegou a converterse en Bispo de Auxerre. Traduciu ao francés a Historia etiópica do Heliodoro (1548), Dafne e Cloe de Longus (1559), as Vidas Paralelas (1559) e as Obras Morais (1572) de Plutarco, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Realizou La vitoire en chantant (1976), que obtivo o Oscar ao mellor filme estranxeiro. Comezou unha insólita traxectoria internacional con La guerre du feu (1981), Le nom de la rose (1986) -adaptación da novela de Umberto Eco-, L´ours (1988), L´amant (1991) a partir da novela homónima de Marguerite Duras, e Wings of Courage (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista francés especializado en carreiras contra reloxo. Foi gañador en cinco ocasións do Tour de Francia (1957, 1961, 1962, 1963 e 1964), do Giro de Italia en dúas (1960 e 1964) e nunha ocasión da Vuelta a España (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Grupo das illas Virxes que ata que foron vendidas aos EE UU no ano 1917 estiveron baixo a soberanía danesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Foi un dos principais representantes do Neoclasicismo. Foi o autor da Nova Casa da Moeda de París (1768-1777), de estilo clásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación con formato de libro aparecida en Ourense en 1908, que cesou ao ano seguinte. O seu director e redactor foi Xosé Casas. Nela incluíase unha relación das publicacións católicas de España, Portugal, América e Filipinas, xunto con comentarios e cadros estatísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio dos Países Baixos, unha das dezasete antigas provincias. Cara ao 950 quedou baixo a autoridade do Sacro Imperio Romano-Xermánico, e no 1008 foi erixida como marquesado baixo a dependencia do Imperio e do duque de Brabante, a partir do cal seguiu as vicisitudes históricas da casa de Brabante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aportuguesar.
-
-
Dar a algo forma ou aspecto propios do portugués.
-
Acomodar ao gusto ou costumes portugueses.
-
Adquirir características propias do portugués.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Areeiro do litoral arousán da parroquia de Corbillón, no concello de Cambados, situada ao S da praia Suarosas e ao N da punta de Tragove.
-
PERSOEIRO
Aeronauta francés. Con Pilâtre de Rozier fixo a primeira ascensión en globo libre o 21 de novembro de 1783. Saíron do castelo de La Muette, atravesaron París e aterraron en Butte-aux-Cailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de células que se diferenza e orixina o tecido esporóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esposa ou filla dun arquiduque. Modernamente, título recibido polas mulleres da Casa Imperial de Austria.
-
PERSOEIRO
Médico e físico francés. Fixo os seus primeiros experimentos sobre a calor animal e os efectos da electricidade nos tecidos vivos no laboratorio de Claude Bernard (1874). Ideou o galvanómetro de reflexión de bobina móbil que leva o seu nome. Dedicouse á electrofisioloxía e foi un precursor da electroterapia. Inventou a arsonvalización, tratamento clínico consistente en someter a zona enferma aos efectos dun campo electromagnético alterno de alta tensión e frecuencia, pero de pouca intensidade, para aumentar a calor do organismo e estimular o metabolismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Claude François Bidal d’Asfeld .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional que ten como obxectivos impulsar o progreso económico, social e cultural dos países do SL de Asia e constituír un foro onde se discuta sobre a paz e a estabilidade da rexión. Creada en Bangkok (8.8.1967), os seus membros fundadores son Brunei, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur e Tailandia. Vietnam ingresou no 1995 e, no 1997, fixérono Laos e Myanmar. Camboxa e Papúa-Nova Guinea asisten ás xuntanzas da organización en calidade de observadores e Corea do Sur posúe un estatuto especial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Internacional de Defensa das Linguas e Culturas Ameazadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concedido por real despacho do 27 de febreiro de 1693 co vizcondado de Cela a Xosé Pardo de Figueroa e Soutomaior, cabaleiro de Santiago, membro dos consellos de Castela e de guerra de Carlos II, asistente da cidade de Sevilla e mestre de campo e Presidente da Real Audiencia de Contratación de Indias. Este primeiro marqués da Atalaya, natural de Betanzos, morreu en Sevilla deixando como única herdeira a súa muller, María de Lezama, agás os bens raíces herdados de seus pais, que pasaron aos morgados da casa dos Pardo e dos Figueroa, aos que tamén se engadiron os oficios de rexedores das cidades da Coruña e Lugo. O título foi herdado polo irmán do primeiro marqués, Baltasar Pardo de Figueroa e, de seguido, foi cancelado polo vizcondado de Cela. Leva as armas dos Pardo de Figueroa: escudo partido onde a primeira partición leva en campo de prata unha aguia voante de sable e, na segunda, cinco follas de figueira de prata postas en aspa, sobre campo de ouro.
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista. Foi violín primeiro na Ópera de París (1728-1752). Escribiu óperas, ballets e unha gran cantidade de música instrumental.
VER O DETALLE DO TERMO