"xua" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Traballou na recuperación do asturiano. En 1985 fundou o Partíu Asturianista (PAS), polo que foi deputado no Parlamento asturiano. Das súas obras destacan Camín de Señardaes, Antoloxía poética (1980), Poemas de Xixón (1981), Cuentos de llingua afilada (1984), La muerte amiya de nueche (1984), El Pelayu (1985), Lluna Llena (1990),...Y de llastientes picos (1999), Los dioses derrotaus (2000), As de corazon y es (2001), Refraneru asturianu (2002) e Litora cantabrica (2004). É membro numerario da Academia de la Llingua Asturiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está dotado de sexo ou órganos sexuais.

    2. Aplícase ás especies que se reproducen mediante a intervención de dous individuos de sexo distinto, en oposición ás especies asexuadas, en que non hai este carácter diferenciado entre os seus individuos.

    3. Aplícase á reprodución das especies sexuadas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sexo.

    2. Que ten sexo, que é macho ou femia.

    3. Forma de comportamento sexual que non coincide coa que se considera máis característica dunha especie determinada con relación á reprodución. Na especie humana, acostúmase considerar como desviacións os comportamentos que comprometen seriamente a dimensión relacional do sexo, como poden ser o sadomasoquismo, o fetichismo, a zoofilia ou certas formas de exhibicionismo.

    4. Enfermidade adquirida por contacto sexual, que afecta principalmente aos órganos xenitais, como a sífile, a blenorraxia e o granuloma venéreo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de características fisiolóxicas e anatómicas propias de cada individuo e que permiten diferenciar uns dos outros.

    2. Conxunto dos comportamentos relacionados co sexo e a súa satisfacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen polas súas características físicas, anatómicas, cromosómicas, gonadais e hormonais é dun determinado sexo, pero sente que pertence ao oposto e que o seu sexo aparente é un erro da natureza.

    2. Que ou quen se someteu a un proceso de transexualidade. Pódense distinguir dous tipos deles: o transexual completo, que fixo un cambio de sexo, e o incompleto, que non quere cambiar de sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desexo irreprimible de darlle ao propio corpo a aparencia do sexo oposto, a pesar de ter que someterse a intervencións cirúrxicas e tratamentos hormonais.

    2. Operación cirúrxica para cambiar de sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao ser vivo cos aparatos reprodutores masculinos e femininos localizados en individuos diferentes, o que dá lugar á existencia de individuos masculinos e femininos, respectivamente.

      1. Aplícase á flor que só ten androceo ou xineceo.

      2. Aplícase á planta de flores unisexuais ou con órganos dun só sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estar sen comer durante un tempo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘lume’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xove baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei (China), na rexión do Norte (140.000 h [1975]). Situada á esquerda do alto Yongding, a 40 km ao SL de Zhangjiakou, é un centro industrial e mineiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés (712-756). De nome Li Long-ji, coñeceuse tamén como Minghuang (emperador iluminado). Retomou a política de expansión a través da Asia Central e conquistou Mongolia, o Sinkiang e o Tíbet. A alianza entre os turcos e os árabes (751) significou, non obstante, a derrota do exército chinés e a decadencia da dinastía tang. A rebelión de An Lushan (755) fíxoo abdicar nun dos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, dous caldeiros de sable, postos en pau, deitado de dúas flores de lis, de ouro, unha en cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, unha torre de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO