Xuanzong

Xuanzong

Emperador chinés (712-756). De nome Li Long-ji, coñeceuse tamén como Minghuang (emperador iluminado). Retomou a política de expansión a través da Asia Central e conquistou Mongolia, o Sinkiang e o Tíbet. A alianza entre os turcos e os árabes (751) significou, non obstante, a derrota do exército chinés e a decadencia da dinastía tang. A rebelión de An Lushan (755) fíxoo abdicar nun dos seus fillos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Loyang