"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1035-1047) e de Dinamarca (1042-1047), fillo ilexítimo de Olavo II de Noruega. En 1042, á morte de Canuto III de Dinamarca, uniu Dinamarca a Noruega e en 1046 foi obrigado a repartir o reino co seu tío e sucesor Harald III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1066-1069), fillo de Harald III. Repartiu o reino co seu irmán Olavo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1316 - 1374) Rei de Suecia (1319-1365) e de Noruega (Magnus VII; 1319-1343). Mentres era menor de idade, gobernou a aristocracia e cando tomou o poder real (1332), conseguiu a unión da península coa conquista de Escania e Halland. En 1343 cedeulle Noruega ao seu fillo Haakon VI e Suecia ao seu neto, o duque Alberte de Mecklemburg en 1364. Foi o último monarca da dinastía dos Folkungar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1093-1103), fillo de Olavo III Kyrre. Someteu as illas Hébridas, Orcadas e de Man (1098), e dirixiu unha guerra contra o rei de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1130-1135), neto de Magnus III e fillo de Sigurd Jorsalafare. A súa vida licenciosa provocou unha revolta na corte, dirixida polo rexente Harald Gille e apoiada por un exército danés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1275-1290), fillo de Birger Jarl. Destronou o seu irmán Valdemar. Instituíu un consello como órgano central de goberno e interesouse polo desenvolvemento económico e cultural, polo que estableceu relacións con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1263-1280), fillo e sucesor de Haakon IV. En 1266 cedeu a Escocia as Hébridas e a Illa de Man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnus II de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto polo que, se un cilindro xira ao redor do seu propio eixe e se somerxe no seo dunha corrente fluída uniforme de velocidade perpendicular ao eixe, o cilindro queda sometido a unha forza, cunha dirección que é perpendicular ao eixe e á velocidade da corrente, e o sentido é o que se obtén facendo xirar 90° (en sentido contrario ao da rotación do cilindro) o vector velocidade da corrente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Investigou o comportamento das esferas e dos cilindros en rotación cando atravesan un corpo fluído. Estableceu con exactitude o coeficiente de dilatación dos gases (1/273), e estudiou tamén a condutividade de diferentes líquidos e gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jöns M<nsson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Olaf M<nsson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Foi autor de obras dun lirismo elegante, de bo gusto, como se reflicte en Les Amours (1553) ou Les Odes (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión latina que designa unha grande abundancia ou cantidade de cousas.

    2. Gran cantidade de cousas ou persoas en confusión ou desorde. Os autores antigos empregaban esta expresión para designar o mar que, segundo as súas concepcións xeográficas, circundaba toda a terra habitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi a figura máis importante do verismo italiano, de marcado ton dramático, e o creador da coñecida Cavalleria Rusticana (1889), coa que triunfou na súa estrea en Roma, e de óperas como L’amico Fritz (1891), Le Maschere (1901) e Nerón (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de amonio, de fórmula (NH4)2SO4. Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en forma de láminas brancas monocristalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar romano. Usurpou o Imperio Romano de Occidente (383-388). Comandante das tropas en Britania, foi aclamado emperador polos soldados e, trala morte de Graciano, foi recoñecido por Teodosio. Defendeu a ortodoxia cristiá e atacou a Valentiniano II. Teodosio interveu na loita e derrotouno. Morreu a mans dos seus propios soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e humanista, fillo e sucesor de Piero I de Medici como señor de Florencia (1469-1492). Morto o seu irmán Giuliano I, pasou a ser único rexedor da república, pero actuou como un señor absoluto. Enfrontado ao Papa Sisto IV, concertou unha política que determinou o equilibrio de forzas da Península Itálica. Fortaleceu o poder familiar por medio do seu fillo Giovanni, futuro Papa León X, e, pola súa educación humanística, converteuse nun gran mecenas dos poetas, artistas e filósofos. Cultivou a actividade literaria e escribiu rimas e un Comento en prosa. Tamén escribiu a disputa filosófica Altercazione (1473-1474), o poema “Ambra” (1486), o Simposio, os Canzoni a ballo, as Canti carnascialeschi e os Laudi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding industrial francés fundado en 1863 polos irmáns André e Édouard Michelin. Agrupa máis de 80 empresas distribuídas en diversos países, dedicadas principlamente á fabricación de pneumáticos e cubertas de caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemá. Tanto a súa obra lírica como a súa obra en prosa son unha exaltación mística da historia e da paisaxe alemás. Destacan Gessamelte Gedichte (Poesías completas, 1927) e Herbstgesang (Canto ao outono, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO