Medici, Lorenzo de o Magnífico
Medici, Lorenzo de o Magnífico
Político e humanista, fillo e sucesor de Piero I de Medici como señor de Florencia (1469-1492). Morto o seu irmán Giuliano I, pasou a ser único rexedor da república, pero actuou como un señor absoluto. Enfrontado ao Papa Sisto IV, concertou unha política que determinou o equilibrio de forzas da Península Itálica. Fortaleceu o poder familiar por medio do seu fillo Giovanni, futuro Papa León X, e, pola súa educación humanística, converteuse nun gran mecenas dos poetas, artistas e filósofos. Cultivou a actividade literaria e escribiu rimas e un Comento en prosa. Tamén escribiu a disputa filosófica Altercazione (1473-1474), o poema “Ambra” (1486), o Simposio, os Canzoni a ballo, as Canti carnascialeschi e os Laudi.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : Careggi, Toscana