"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. Emigrou a París e dirixiu unha revista de oposición. O esencial da súa obra constitúeno novelas sobre a intelligencija rusa de fins do s XIX e sobre problemas como o da prostitución: Marja Susjevna (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Hai que destacar na súa obra: Introdución á novela contemporánea (1966), Eugenio d’Ors, crítico literario (1971), Modernismo y Postmodernismo (1974) e Sub-literaturas (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático francés autodidacta. Interesouse por todas as ramas do coñecemento. Desde o ano 1801 foi profesor de Física e Química na École Centrale de Bourg-en-Bresse, onde escribiu a súa primeira memoria científica, sobre a teoría do xogo (1802). Napoleón nomeouno inspector xeral de instrución pública (1808). En 1814 ensinou Filosofía na Facultade de Letras e Física na Facultade de Ciencias da Académie des Sciencies (na que entrou como membro numerario na sección de Matemáticas) e, dende 1824, no Collège de France. Dende 1807 ata 1815 traballou sobre Química: distinguiu entre átomos e moléculas e chegou ás mesmas conclusións ca as expostas na lei de Avogadro, independentemente deste un ano despois. A partir das experiencias de Oersted sobre a desviación de agullas imantadas por unha corrente eléctrica, interesouse polos fenómenos electromagnéticos e elaborou a teoría da orixe electrodinámica das accións magnéticas (1820). Estudiou a acción mutua entre imáns e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo gráfico inglés & que representa a conxunción ou unión dun substantivo ou dunha locución a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor hindú. As súas novelas realistas describen a miseria do sistema de castes do seu país. Publicou Coolie (1933), Untouchable (Os intocables, 1935), Death of a Hero (A morte dun heroe, 1963) e Morning Face (Rostros de madrugada, 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curmán e discípulo preferido do Buda, a quen seguiu durante vinte e cinco anos. No primeiro concilio que tivo lugar á morte de Buda (483 a C ?), fixou o texto do Sutta Pitaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tailandia (1935-1946). Sucedeu ao seu tío Prajadhipok (Rama VII de Siam). Gobernou baixo un consello de rexencia e morreu asasinado como consecuencia dun Golpe de Estado. Sucedeulle o seu irmán, Bhumipol Adulyadet, en 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da planta ou flor desprovista de estames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego, da escola naturalista de Mileto. Atribúeselle a construción dunha esfera celeste e o descubrimento da inclinación da eclíptica e o xiro dos ceos arredor da estrela polar; froito das súas observacións astronómicas foi quen de construír un reloxo de sol (gnomon). Foi o primeiro grego que escribiu un tratado sobre a natureza, titulado En torno á natureza, do que só quedan algúns fragmentos. Segundo a interpretación que temos feita por Aristóteles propuxo como principio de toda cousa o indeterminado ou ilimitado (ápeiron), do que xorden os elementos por separación dos “contrarios” (frío fronte a quente, seco fronte a húmido). Así, todo nace da separación dos contrarios e a morte ten o seu retorno na unión co infinito. En ocasións cítase a Anaximandro entre os precursores do evolucionismo, pois afirmaba a orixe natural da vida e a formación das especies animais -entre as que incluía a humana- mediante evolución, aínda que a explicase de xeito mítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Andorra nas placas de matrícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Heilongjiang, China (136.446 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñecía ao príncipe mongol Altan Khan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista de orixe húngara, nacionalizado suízo (1942). Discípulo de Dohnányi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode transitar ou andar por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena fileira de campo entre dúas leiras que se deixa sen cultivar e que se emprega como linde ou como paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoguete infantil constituído por unha pequena roda que xira no extremo dun pao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Treito que se percorre camiñando.

    2. Espacio curto de tempo en que sucede ou se realiza algo.

    3. Que anda moito.

    4. Tipo de carriño con rodas empregado para aprenderlle aos meniños os seus primeiros pasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Treito que se percorre camiñando.

    2. Espacio curto de tempo en que sucede ou se realiza algo.

    VER O DETALLE DO TERMO