Anaximandro

Anaximandro

Pensador grego, da escola naturalista de Mileto. Atribúeselle a construción dunha esfera celeste e o descubrimento da inclinación da eclíptica e o xiro dos ceos arredor da estrela polar; froito das súas observacións astronómicas foi quen de construír un reloxo de sol (gnomon). Foi o primeiro grego que escribiu un tratado sobre a natureza, titulado En torno á natureza, do que só quedan algúns fragmentos. Segundo a interpretación que temos feita por Aristóteles propuxo como principio de toda cousa o indeterminado ou ilimitado (ápeiron), do que xorden os elementos por separación dos “contrarios” (frío fronte a quente, seco fronte a húmido). Así, todo nace da separación dos contrarios e a morte ten o seu retorno na unión co infinito. En ocasións cítase a Anaximandro entre os precursores do evolucionismo, pois afirmaba a orixe natural da vida e a formación das especies animais -entre as que incluía a humana- mediante evolución, aínda que a explicase de xeito mítico.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mileto

  • Deceso