"Arga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 283.

  • Museo situado en Sargadelos (Cervo) no lugar onde se mantivo en funcionamento ata 1875 a Real Fábrica de Fundición e Louza. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creado en 1987, conserva os altos fornos, a presa, o pazo, o paseo dos namorados e a casa da administración. Móstranse pezas de cerámica decoradas á man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da antiga fábrica de cerámica. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A pesar de, así e todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa estadounidense. Coñecida como Dorothea Lange, formouse con Arnold Genthe (1914) e Clarence White (1917-1918). Entre 1919 e 1940 traballou como fotógrafa independente e estableceu o seu propio estudo en Berkeley. A partir de 1932 retratou as persoas no seu propio contexto social, rexeitando calquera manipulación, o que a levou a traballar para a Farm Security Administration (FSA) fotografando as vítimas da Gran Depresión en EE UU (1935-1942). Fundadora da revista Aperture (1952), colaborou con Life e viaxou polos continentes americano e asiático. Publicou The American Country Women (1967) e Dorothea Lange (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto líquido que resulta de fundir sebo e deixalo arrefecer a 35°C. Emprégase para facer margarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margaret Wilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Profesora titular de filosofía do dereito, desde 1989, e decana da facultade de Dereito da Universidade de Santiago Compostela desde 2002, escribiu El poder y los ciudadanos (1998), Alfredo Brañas, universitario (1999), Valores constitucionales. Introdución a la Filosofía del Derecho: axiología jurídica (1999) e La filosofía del derecho penal en la Universidad de Santiago: (1800-1970) (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abarca o concello de Guitiriz, con dez parroquias matrices e catro anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que ten a súa orixe en Parga (Lugo). Trae como armas, en campo de azul, tres faixas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, catro bandas de goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de goles, tres barras de prata, afastadas; en segunda partición, losanxado de ouro e goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de sable, cargada de tres flores de lis de prata, acompañada na parte superior dun ferro de lanza de prata en banda, e na parte inferior, dun castelo de azul, sobre rochas; segunda partición, en campo de prata, un carballo de sinople, acompañado de dúas caldeiras de sable, unha en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xerente do Grupo El Progreso. Foi redactor na cadea SER, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego para logo centrar a súa carreira na cadea COPE, en Santiago de Compostela, onde foi redactor xefe, director e director rexional en Galicia, Asturias e Cantabria. En 1997 substituíu a Xesús Pérez Varela como secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, na Xunta de Galicia, cargo que abandonou en xaneiro de 2003 para reincorporarse en marzo dese ano ao seu anterior cargo como director rexional da COPE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Realizou o doutoramento en xeoquímica en Zúric. Foi profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, presidente da área de xeoloxía e minaría do Seminario de Estudos Galegos e director da revista Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Participou na creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela (1933) -o primeiro de España-, e foi fundador e director do Instituto Xeolóxico de Laxe (1940). Interesouse principalmente polo estudo da xeoquímica de Galicia e publicou numerosos traballos sobre mineraloxía e química de minerais, sobre o estudo dos minerais das zonas areosas das costas de Galicia, a xeoquímica de rochas volcánicas, plutónicas e metamórficas, a cartografía xeolóxica, a estratigrafía e os granitos. Das súas obras destacan Quimismo de las manifestaciones magmáticas cenozoicas de la Península Ibérica (1935), El conocimiento geológico de Galicia (1958) e Mapa petrográfico estrutural...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, arquiveiro no Arquivo Rexional de Galicia, onde organizou e catalogou a serie de mosteiros, e director do Arquivo e da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (1952-1965). Colaborou con C. Pérez Bustamante en Notas de arqueología prehistórica galaica. Los dólmenes de Dombate y la Gándara (1924) e escribiu Los solariegos o juniores: aportación al estudo de las clases sociales en León y Castilla durante la Edad Media (1928) e Marcial en la perceptiva de Baltasar Gracián (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, irmán de Xacobe María de Parga Puga. Acadou o grao de álferez de fragata, foi depositario de Rendas Reais de Betanzos (1808), tesoureiro do Exército da praza de Ceuta (1813-1815) e do Exército do Reino de Galicia. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1810-1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, irmán de Antonio María de Parga Puga. Foi reitor do colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, ministro de Gobernación (1820), conselleiro de Estado e presidente da Xunta de Fomento de Riqueza do Reino. Foi membro da Real Academia da Historia e do Real e Supremo Consello de Indias. Legou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi fiscal do xulgado de primeira instancia de Mondoñedo, maxistrado na Audiencia de Pontevedra e fiscal en Ourense, Palencia, Lugo e Madrid. Escribiu semblanzas biográficas e artigos relacionados coa historia e a cultura galega en diversas publicacións como o Boletín de la Real Academia Gallega e Galicia, revista en que iniciou a publicación da novela La nueva doncella (1887-1889). Pertenceu á Real Academia Galega (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi director do Monte de Piedad e Caja de Ahorros de Santiago de Compostela, director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1878-1886) e impulsor da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Escribiu Informe sobre foros, subforos y otras cargas semejantes que se conocen en el antiguo reino de Galicia (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Recaré (O Valadouro). Ten planta cuadrangular. Á esquerda da porta da fachada principal, sitúase a torre curva acaroada ao edificio principal. Os muros son de cachotaría e utilizouse cantaría para as ventás abucinadas. A cuberta é de laxas de lousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome con que se coñece o pintor que realizou as pinturas murais das igrexas de Santo Estevo de Parga (Guitiriz) e Santo Estevo de Paderne (Castroverde). O seu estilo caracterizouse pola reiteración no tratamento das expresións e pola harmonía dos motivos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Parga, ao seu paso por Parga (Guitiriz). Trátase dunha ponte realizada no s XV, en cantaría, con catro vans formados por arcos oxivais e tallamares triangulares. Posteriormente ampliouse o seu ancho sobre ménsulas de formigón. Une o antigo camiño de Lugo a Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Guitiriz. Construíuse en estilo gótico, ten unha soa nave rectangular e ábsida case cadrada, con cuberta de lousa. O arco triunfal é apuntado. A primitiva cuberta da nave era un artesoado que se ocultou polo teito de madeira. A ábsida cóbrese cunha bóveda nervada sexpartita. No interior destacan os capiteis das columnas, decorados con motivos vexetais, harpías e cabezas humanas. No exterior, os muros, de cantaría, reforzáronse con contrafortes. A fachada principal é do s XVIII e ten porta arquitrabada e espadana dun van con remates neoclásicos. No lado sur consérvase unha das portas da construción orixinal cun arco de medio punto lixeiramente apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO