"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kairouan.
-
CUMES
Cume de 3.083 m de altitude, o máis alto dos montes de Líbano, situado en Líbano Norte, a 20 km ao L de Trípoli.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán de Marrocos (1660-1672), irmán e sucesor de Mawlāy Mu ḥ ammad, xerife de Tafilelt. Fundou a dinastía alauita e conseguiu a pacificación e a unificación de Marrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Punjab, Paquistán (1.406.214 h [1998]). Situada ao pé do Himalaia, é unha importante cidade militar. Ademais dunha refinaría de petróleo, desenvolveu diversas industrias téxtiles, alimentarias, siderúrxicas, mecánicas e químicas. Destruída por unha invasión dos mongois (s XVI) e ocupada por unha rama dos sikhs (1765), estes retiráronse do lugar tras a Batalla de Gujarāt (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recitador profesional de poemas, a través de quen se conserva unha boa parte da poesía árabe preislámica.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Waclaw Berent, recibiu a influencia das doutrinas modernistas da arte pola arte. É autor da novela de temática medieval Zywe Kamienie (Pedras vivas, 1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Referente da filosofía política, a súa teoría quedou expresada en A Theory of Justice (1971). Revisou o contractualismo de Jean-Jacques Rousseau e partiu dunha posición orixinal en que se conveñen uns principios de xustiza aplicables na práctica, que son escollidos por homes libres e descoñecedores da súa futura posición na sociedade rexida por estes principios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista inglés. Formado no Royal Manchester College of Music (1926-1930), ampliou estudos de piano en Berlín. Das súas composicións, de estilo neoclásico, destacan tres sinfonías e o Concert for 10 Instruments (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ ammad Reza de Irán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Gwynedd, Gales? -? 878?) Rei galés (844-878?). Acadou a unión da maior parte de Gales e contivo as fortes presións escandinavas. Fundou unha dinastía que durou ata a fin da independencia galesa.
-
ILLAS
Illa do mar de Bering, pertencente a Alasca, EE UU, cunha extensión de 3.775 km2. A súa principal riqueza é a caza da balea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado da Malaisia, situado na costa NO da illa de Borneo (124.450 km2; 2.071.506 h [2000]). A súa capital é Kuching (152.310 h [2000]). A poboación dedícase ao cultivo de arroz, á pesca e á caza. Posúe xacementos de petróleo, ouro e fosfatos. Islamizada no s XV, dependeu do sultán de Brunei ata que foi concedida a James Brooke (1841). Os seus descendentes gobernárono como estado independente ata 1888 e como protectorado británico ata a ocupación xaponesa (1942-1945). Colonia británica (1946), ingresou na federación de Malaisia (1963).
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira das Montañas Rochosas situada no centro do estado de Colorado, EE UU. O seu cumio, o monte Elbert, acada os 4.395 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do mu ḥ āfa ẓ a de Sawhā ǧ , Exipto, situada na beira esquerda do Nilo (170.417 h [1996]). Preto da cidade atópanse as ruínas dos mosteiros coptos Vermello e Branco (s V).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ āfa ẓ a de Exipto (1.547 km2; 3.123.100 h [1996]). A súa capital é Sawhā ǧ .
-
PERSOEIRO
Poeta. É autor do diván Al-Šawqiyyat e de seis obras teatrais en verso sobre a historia exipcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Taifa de Rueda, fillo de Abd al-Malik Imād al-Dawla, derradeiro taifa de Zaragoza. De nome Abū Ǧ a’far Ahmad ibn Ḥ ūd, nas crónicas cristiás coñécese como Zafadola. Aliouse con Afonso VII de Castela e León. Caído o Imperio Almorábide, protexeuse en Córdoba, Jaén e Granada (1145), pero o seu intento de ocupar toda a al-Šarqqīyya fracasou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Graduouse na University of Toronto. Na Columbia University, e en colaboración con H. Townes fixo achegas importantes sobre microondas e espectroscopia con microondas e láseres, a supercondutividade e a electrónica cuántica. En 1981 recibiu o Premio Nobel de Física, compartido con L. M. Siegbahn e N. Bloembergen, pola súa contribución ao desenvolvemento da espectroscopia láser.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e ensaísta. Nado nunha familia anglicana irlandesa, foi un autodidacta. En 1884 entrou na Fabiam Society, e despois de traballar como crítico literario e teatral, en 1895 iniciou a súa carreira de dramaturgo. Admirador de H. Ibsen, a súa primeira obra teatral, Widowers’Houses (1982) pódese considerar plenamente ibseniana e preludio das súas Unpleasant Plays. Escribiu as Pleasant Plays, a máis famosa das cales é Candida (1985). As súas pezas posteriores caracterízanse pola crítica social, como The Devil’s Disciple (incluída en Three Plays for Puritans, 1901) Man and Superman (1903), Pygmalion (1913) e Saint Joan (1923). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1925.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Irwin Gilbert Shamforoff.