"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Nome co que son coñecidas popularmente as especies do xénero Rhododendron que se desenvolveron como plantas de interior. Pertencen basicamente a dúas especies, R. x obtusum e R. simsii, de follas perennes duns 5 cm de lonxitude e flores simples ou dobres nunha ampla gama de cores, principalmente rosa, vermella ou branca, que soen crecer ata uns 45 cm de altura como plantas de testo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que, segundo algúns investigadores, se remonta á época dos suevos. As súas armas levan, en campo de ouro, dúas caldeiras de sable; cortado de azul, con tres veneras de prata e medio partido de prata, cun león rampante, de goles. Este apelido pode aparecer tamén nos manuais de heráldica coa forma Azamor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de azamboarse.

    2. De cor moura. Aplícase especialmente a unha parte do corpo ou a unha froita mazada como consecuencia dun golpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pórse moura unha parte do corpo ou a froita como consecuencia dalgún golpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de azamelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secar os froitos dunha colleita polo efecto da excesiva calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Membro dunha familia da burguesía acomodada, estudiou Dereito nas universidades de Madrid e Zaragoza, doutorándose en 1900. Foi funcionario da Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, e exerceu os cargos de secretario do Instituto de Dereito Comparado e secretario do Ateneo de Madrid, do que foi Presidente en 1930. Militante no reformismo de Melquíades Álvarez, pasou ás filas do republicanismo e fundou Acción Republicana en 1925. Opúxose á ditadura de Primo de Rivera e despois da caída deste, asinou o Pacto de San Sebastián (17.8.1930). Membro do Comité Revolucionario de 1930 ao proclamarse a República (14.4.1931) formou parte do goberno provisional como ministro de Guerra. En outubro de 1931 foi nomeado Xefe de Goberno pero mantivo a carteira de Guerra. O bienio azañista (outubro 1931-setembro 1933) caracterizado polo reformismo (reorganización do exército, disposicións relativas ao culto e ao clero, estatutos de autonomía, reforma agraria, etc) respondeu basicamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso longo, que se dá por camiñar apurado ou por ter as pernas longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar un paso de tamaño maior que o habitual.

    2. Camiñar dando grandes pasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político afrancesado. Duque de Santa Fe. Foi nomeado ministro de Guerra por Carlos IV (1793), vicerrei de Nova España (1798-1800) e ministro de Facenda de Fernando VII (1808). Participou na Xunta suprema de goberno mentres Fernando VII estaba en Baiona, onde foi designado Presidente da Asemblea de Notables que promulgou o Estatuto de Baiona, base legal da nova monarquía de Xosé I e, posteriormente, foi un dos ministros máis representativos do goberno deste monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito resultante dun conxunto de características imprevistas e que pode ter efecto positivo ou negativo.

    2. Causa asignada aos feitos dos que se descoñece a causa real ou que se atribúen unicamente á probabilidade.

    3. Fenómeno aleatorio e impredicible que mina unha finalidade que non existe. Para Aristóteles o azar é a causa accidental dos efectos excepcionais ou accesorios que revisten a aparencia da finalidade. Segundo Maldidier, La Placette e Cournot, o azar consiste no encontro de dúas series causais independentes; Poincaré e Renan, sen embargo, prestan maior atención á desproporción entre o resultado (favorable ou desfavorable) e as diferencias entre as causas que o provocan. Mayr identifica azar con indeterminación, polo que exclúe o azar como feito evolutivo en canto para el a indeterminación é produto da nosa ignorancia. Non obstante , na tradición darwinista materialista, representada por Tort ou Cordón, o azar debe ser entendido como impredecibilidade no marco da proposta teórica do atomismo de Epicuro. Nese caso, o azar ten dúas orixes diferentes: a nosa ignorancia e a continxencia. Así, as verdadeiras oposicións atópanse entre a necesidade e a continxencia, e a impredicibilidade e a predicibilidade....

    4. Carácter dun acontecemento que é o resultado da coincidencia de dous fenómenos que pertencen a series independentes na orde da causalidade.

    5. Conxunto de causas descoñecidas que producen un efecto non previsible; un fenómeno é atribuible ao azar cando non é nin inevitable nin imposible. Algúns dos fenómenos atribuídos ao azar obedecen a leis que se limitan a enunciar resultados de tipo global respecto a un gran número de repeticións do conxunto de condicións: son as leis probabilísticas.

    6. Divertimentos nos que unicamente o azar decide quen gaña e quen perde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Flor da laranxeira, do limoeiro e da cidreira, de cor branca e intenso arrecendo que ten aplicacións medicinais e en perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e enxeñeiro militar ilustrado. Irmán do bispo de Barcelona Eustaquio e do diplomático José Nicolás. Colaborou con Cermeño, deseñador da Barceloneta, e dirixiu traballos de fortificación en Figueres e en Mallorca. Enviado en 1781 a América, trazou un mapa do Brasil e estudiou a flora e a fauna do Paraguai e do Río da Prata. En 1801 estableceuse en París. Os seus notables traballos sobre as mutacións e a selección natural impresionaron a Darwin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Marqués de Nibbiano. Foi embaixador de Carlos III e de Carlos IV en Roma (1786-1798) e en París (1798-1799 e 1801-1803), e como tal firmou a Paz de Amiens (1802). En Italia interesouse pola Arqueoloxía, a Estética e os clásicos latinos. Foi un dos ilustrados máis radicais, tal como se reflicte na súa correspondencia con Manuel Roda y Arrieta -editada en 1846-, e nas súas Memorias (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de azarapallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar cousas diversas de xeito que non poidan distinguirse.

    2. Facer un traballo de calquera xeito e ás presas.

    3. Manchar ou mollar a alguén con pingas esparexidas dalgún líquido ou con comida.

    4. Mancharse con algún líquido ou comida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Acerbaixán.

    2. Relativo ou pertencente aos azarís ou á súa lingua.

    3. Individuo do pobo azarí.

    4. Pobo de orixe turca instalado no Acerbaixán dende o s XIV, habitan na parte baixa da conca do río Kura ata o Mar Caspio e nas proximidades do Cáucaso. Basean a súa economía na agricultura, a súa lingua é o azarí e son maioritariamente musulmáns.

    5. Lingua do grupo turcomano da familia altaica falada no Acerbaixán e no norte de Irán por uns cinco millóns de persoas. Desenvolveuse ao longo do s XIII e quedou definitivamente fixada no s XVI grazas á obra de Muhammad Fuzuli; xa era unha lingua de uso literario na época clásica da literatura turca. Nos primeiros textos azarís empregouse o alfabeto árabe, que cambiou posteriormente polo alfabeto latino e, en 1939, polo ruso. Así mesmo, é lingua franca en toda a Transcaucasia.

    6. As primeiras manifestacións literarias en lingua azarí débense ao poeta medieval Nizami de Gandza. Despois da depresión cultural provocada pola invasión dos mongois e o desenvolvemento da poesía relixiosa nos ss XIII e XIV, no s XV floreceu a lírica. Dende o s XVI e durante o XVII e XVIII a literatura clásica atopou unha fonte de inspiración na literatura popular. Dende o comezo do s XIX, momento no que o Acerbaixán pasou a formar parte do Imperio Ruso, adquiriron importancia as relacións cos rusos fronte aos turcófilos, creáronse círculos literarios, desenvolveuse a poesía satírica e madurou a tendencia realista. No ano 1926 creouse a asociación de escritores proletarios Gyzyl Galemier (As plumas vermellas) e en 1932 a Unión de Escritores da RSS do Acerbaixán. Entre os máis destacados representantes da literatura azarí actual cómpre mencionar os dramaturgos Akhverdov e Vezirov, o poeta Zakir, o poeta e dramaturgo Vurgun e o novelista e dramaturgo Ibragimov.

    VER O DETALLE DO TERMO