Azamar
Azamar
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que, segundo algúns investigadores, se remonta á época dos suevos. As súas armas levan, en campo de ouro, dúas caldeiras de sable; cortado de azul, con tres veneras de prata e medio partido de prata, cun león rampante, de goles. Este apelido pode aparecer tamén nos manuais de heráldica coa forma Azamor.