"COU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 304.

  • de desacougar ou desacougarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai perder o acougo ou produce intranquilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén perda o acougo e deixe de estar sosegado.

    2. Perder o acougo ou o sosego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de acougo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar a un terreo o carácter de couto e deixalo libre de calquera prohibición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a un terreo o carácter de couto e deixalo libre de calquera prohibición.

    2. Deixar en liberdade a unha persoa ou cousa que estaba privada dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de René Descartes que ten como título completo Discours de la méthode pour bien conduire la raison et chercher la vérité dans les sciences, plus la Dioptrique, les Météores et la Géométrie qui sont des essais de cette Methode (Discurso do método para conducir ben a razón e buscar a verdade nas ciencias que se presentaban acompañado da Dióptrica, os Meteoros e a Xeometría que son os ensaios deste método, 1637). Publicouse sen o nome do autor e acompañado de tres obras científicas presentadas como ensaios do método. Manifesto do racionalismo moderno, pretendía dar a coñecer o método para poder chegar ao coñecemento verdadeiro e atopar a verdade. Consta de seis partes: na primeira, establece as bases do método cartesiano e desenvolve unha nova teoría do coñecemento; na segunda, realiza unha exposición xeral do seu método que ten como base a dúbida, reflectida na máxima cogito ergo sum (‘Penso; xa que logo, existo’); na terceira, expón as regras da moral provisional,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Fillo de Faustino Domínguez Domínguez. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid e obtivo o título co proxecto dunha fachada para a catedral de Madrid (1867). Foi arquitecto municipal de Ferrol (1868-1870), arquitecto municipal de Santiago de Compostela (1879-1887), arquitecto diocesano de Santiago (1882-1884), arquitecto provincial da Coruña (1887) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña (1890). Durante a súa estadía en Madrid (1870-1879), traballou, entre outras obras, na ampliación do Museo del Prado (1870) e no Palacio de Justicia (1874). Na Coruña realizou, entre outras obras, o proxecto do antigo Teatro Principal (1867), chamado posteriormente Teatro Rosalía de Castro, construíu o Instituto Eusebio da Guarda (1889), as Escolas da Garda (1898), vivendas unifamiliares como a casa de Fernando González (1881), as Galerías da Praza de Pontevedra (1895) e a nova igrexa de Santo André (1881-1890). En San Pedro de Nós (Oleiros) proxectou a súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñerse a terra dura e reseca a causa da xeada ou da seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar couces un animal.

    2. Dar couces un animal a algo ou alguén.

    3. Recortar unha táboa ou un toro de madeira por algún dos seus extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apertar coa man os couchos ou abrideiros para separarlles o óso da carne.

    2. Quitar as brácteas das espigas de millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comezar a abrir un burato empregando un escoupro fino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta formada por unha barra de ferro aceirado que termina nun corte oblicuo e vai unida a un mango de madeira. Emprégase para facer cortes na madeira ou para labrar a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Subproduto non metálico, de consistencia vidrosa, que se obtén na redución dos minerais para a obtención de metais ou no tratamento de purificación do metal fundido. Provén das impurezas do metal fundido ou da combinación da ganga do mineral cos fundentes e o material refractario, e sepárase da masa metálica flotando por riba desta, a causa do seu menor peso específico.

    2. Material expulsado polos volcáns, especialmente aquelas lavas que son máis viscosas e porosas, e que ao arrefriarse adopta formas sinuosas.

    3. Parte máis vil e desprezable de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Adelán (Alfoz). Ten planta en escuadra, con dous corpos de dúas alturas e unha torre no ángulo con tres alturas. Á primitiva construción engadíronselle outros corpos con funcións domésticas. Destaca a escalinata da fachada posterior que permitía o acceso a unha galería que non se conserva. A capela anexa dedícase a outros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Corgo. Ten unha soa nave cuberta a dúas vertentes e capela maior de planta cadrada. O arco triunfal é de medio punto en aresta. No interior destaca o retablo maior neoclásico do s XIX. A fachada ten porta arquitrabada e espadana dun van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo ermo e improdutivo por mor da abundancia de pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Alcumado Lúa, foi labrego de profesión. Serviu de enlace dos guerrilleiros que actuaban na zona ata finais de 1947, ano en que, xunto á súa irmá Xosefa e outros colaboradores da guerrilla, marchou ao monte por temor ás represalias policiais a raíz da caída do guerrilleiro Xosé Vázquez Ubaldo. Caeu nos arredores de Ourol nun enfrontamento coa Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO