"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
PERSOEIRO
Escritor salvadoreño. Militante activo contra a opresión política do seu país, publicou, entre outras obras, La ventana en el rostro (1961), Los testimonios (1964), Taberna y otros lugares (Premio Casa de las Américas, 1969) e Pobrecito poeta que era yo (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría elaborada por J. Dalton coa finalidade de poder interpretar todo un conxunto de feitos experimentais, como por exemplo as relacións ponderais sinxelas entre os compostos químicos. Unha das principais proposicións da teoría afirma que todos os elementos químicos están constituídos por partículas moi pequenas, os átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas. Tamén postula que o átomo ten un conxunto de propiedades, entre as que se atopa a masa atómica que é característica de cada elemento. Sostén, así mesmo, que cando dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes. Finalmente, di que a cantidade mínima dun composto é a molécula e que esta ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan. Esta teoría foi o fundamento de posteriores hipóteses físicas e químicas.
-
-
Relativo ou pertencente ao daltonismo.
-
Que ou quen padece daltonismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que ten unha composición constante, por oposición a bertholido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Discromatopsia na que hai unha cegueira conxénita para algunhas cores, descrita e sufrida por J. Dalton. Caracterízase pola falta de percepción dunha ou dúas cores, mentres se conservan as outras funcións oculares. As cores máis afectadas son a vermella e a verde. Polo xeral aféctalle aos dous ollos e é máis frecuente no home ca na muller, xa que se transmite por un xene recesivo ligado ao cromosoma X.
-
PERSOEIRO
Xeneral alemán. Ocupou cargos nas SA e nas SS. En 1936 converteuse en xefe de toda a policía do III Reich. Dirixiu a represión en Bohemia. Detido en 1945, foi xulgado e axustizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo canadense. Calculou o descenso do nivel do mar durante as glaciacións do Cuaternario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, lexicógrafo e etnógrafo ucraíno. En 1859 trasladouse a Moscova. A partir de 1819 comezou a recoller material lingüístico e folclórico para o seu dicionario, no que traballou 53 anos nas dúas primeiras edicións (1863-1866 e 1880). Publicou recompilacións de contos, proverbios e cancións. É autor do Tolkovyj slovar’ živogo velikorusskogo jazyka (Dicionario da gran lingua rusa viva, 1863-1866), con máis de 200.000 entradas de literatura, lingua, fala coloquial e dialectos, ademais inclúe proverbios e algunha información enciclopédica. En 1863 foi nomeado membro honorario da Academia de Ciencias de San Petersburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor dramático. Foi durante moito tempo o auténtico representante da comedia lixeira andaluza. En 1865 pasou a formar parte da compañía do Teatro del Príncipe, na que se revelou como actor tráxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás dasicladais.
-
Alga da orde das dasicladais.
-
Orde de algas verdes, de talo cenocítico constituído por un eixo uninucleado con ramificacións verticiladas, propia de mares quentes ou mornos, á que pertence o xénero Acetabularia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensaio publicado por Xosé Luís Méndez Ferrín en 1984, fundamental no terreo da crítica literaria moderna, na medida en que foi o primeiro estudo sistematizado da poesía galega de posguerra. Remonta a orixe da poesía galega do s XX á obra de Eduardo Pondal e establece unha clasificación dos autores por xeracións. Así mesmo, inclúe notas bibliográficas e críticas, abundantemente documentadas sobre os escritores da posguerra ata a súa xeración. O criterio organizador escollido considera o devir histórico e a data de nacemento, de xeito que establece cortes cada dez anos, a partir da década de 1860; ao mesmo tempo, realiza análises detalladas de tendencias e autores para lexitimar a opción escollida. Por orde cronolóxica, propón as seguintes divisións: Escola Formalista (Pondal, Lugrís Freire, Martelo Paumán, Leiras Pulpeiro, etc); Xeración Antre dous Séculos (Noriega Varela, Cabanillas, Álvarez Limeses, etc); Xeración Nós (Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Antón Villar Ponte,...
-
-
-
Carapucho, normalmente de material duro, que se pon no dedo para protexelo, especialmente o que se utiliza para coser e bordar.
-
dedil.
-
-
Pouca cantidade dun líquido.
-
Copa ou vaso de pequeno tamaño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
-
Festas anuais en honor a Dédalo que celebraban os habitantes de Platea, na Beocia, tras volveren á súa patria despois de sesenta anos de desterro. Unha das cerimonias consistía en levar estatuas de madeira adobiadas e ricamente vestidas, as dedalias, que logo queimaban en fogueiras no cumio do Citerón.
-
Festas conmemorativas de reconciliación de Xano e Xúpiter.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Dédalo.
-
Período da escultura arcaica grega que abrangueu o s VII a C. A súa orixe remóntase ás esculturas que facía Dédalo na illa de Creta. As súas representacións máis características son as xóanas, entre as que destaca a Dama de Auxerre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irmán de Ceix e fillo de Lucifer. Participou en moitas batallas e realizou numerosas conquistas. A súa filla Quíone tivo descendencia con Hermes (Autólico) e con Apolo (Filamón). Cando Quíone pretendeu competir en beleza coa deusa Ártemis, esta matouna dun frechazo. Por mor desta morte Dedalión sufriu moito e, na súa dor, Apolo transformouno en miñato.
-
-
Lugar que ten moitos camiños que se cruzan entre si e no que non é doado atopar unha saída.
-
Cousa ou feito escuro e complicado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe mítico ateniense. De xenealoxía moi complexa, encarna o prototipo de artista universal, dedicado, entre outras artes, á arquitectura e á escultura. Condenado pola morte do seu sobriño Talo, a quen matara por celos da súa habilidade, fuxiu desterrado a Creta. Na corte do Rei Minos, foi cómplice dos amores da Raíña Pasífae cun touro, dos que nacería o Minotauro. O rei encomendoulle a construción do Labirinto de Creta para encerrar nel o monstro. Cando Ariadna quixo salvar a Teseo, que fora loitar co monstro, pediulle consello a Dédalo e conseguiu liberalo grazas a un nobelo. Minos, anoxado pola súa complicidade, pechou o inventor e o seu fillo Ícaro no labirinto, pero conseguiron fuxir cunhas ás de cera e plumas que fabricou Dédalo. Na fuxida, Ícaro voou moi preto do sol e as súas ás derretéronse, caeu ao mar e afogou. Dédalo chegou a Cumas, pero Minos perseguiuno ata que se refuxiou en Sicilia, onde, protexido polo Rei Cócalo, realizou esculturas e fortificacións na súa honra.
-
GALICIA
Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Ramiro Díaz Baliño. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña da que, posteriormente, foi profesor de modelado e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudios na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi delineante maior de vías e obras da deputación coruñesa dende 1920. Realizou obras de temática galega, entre as que destacan O cego, O rezo, Devotiña, A volta da sega e No sermón. Fixo tamén o busto de Xosé Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña, o Sagrado Corazón de Cesuras e participou na decoración, entre outros edificios, do Hotel Finisterre e do Banco de La Coruña e do antigo Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou nos festexos de celebración do primeiro aniversario da Segunda República coa realización de diversas obras. Dende 1912 participou en numerosas exposicións de arte galega, entre as que destacan a Primera Exposición...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Estudiou xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Comezou a súa andaina profesional en 1977 en El Ideal Gallego. A partir de 1981 pasou a ocupar a delegación de La Voz de Galicia en Santiago de Compostela, onde coordinou a área de información autonómica. Despois de formar parte do equipo directivo de La Voz de Galicia na Coruña e de exercer como correspondente de El País, en 1986 puxo en marcha a Axencia Galega de Noticias (AGN), onde ocupou o cargo de director xeral. En 1988, da man de Rey Novoa, incorporouse como redactor xefe a El Correo Gallego, onde tamén exerceu como subdirector. Foi o responsable de poñer en marcha O Correo Galego. Nestes dous últimos periódicos desempeña funcións de coordinación xeral.
VER O DETALLE DO TERMO