"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
European Remote Sensing.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensino de tipo universitario que se iniciou o 16 de outubro de 1903 como unha das consecuencias do Primer Congrés Universitari Català, en que se debateu a organización dunha universidade catalá autónoma. Defendía como lingua de comunicación o catalán polo que foi rexeitado da universidade oficial e se ligou a outras institucións (Ateneu Barcelonès e Escola Industrial). Comezou ensinando dereito civil catalán e historia de Catalunya e, de seguida, tamén economía social e política arancelaria, literatura catalana, dereito público catalán e, máis adiante, historia da arte catalana, xeoloxía aplicada a Catalunya, técnica e análise química, agricultura, pedagoxía nacional, estudios portugueses, filoloxía románica, filosofía, gramática comparada do latín e o catalán, historia musical e étnica da cançó popular, lóxica e metodoloxía da ciencia e xeografía. Foron profesores do EUC estudiosos como A. Rubió i Lluch, Pompeu Fabra e Eugeni d’Ors. Co tempo os estudios reducíronse a gramática,...
-
-
Destrución ou ruína de algo.
-
Acción de xirar algunha cousa de xeito que a súa superficie interior pase a ser a exterior.
-
Cambio da disposición normal dunha parte do organismo, como as pálpedras, no que queda exposta a súa superficie interna.
-
Saída ao exterior da mucosa que envolve un orificio natural.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Pertencente ao grupo dos Beats Poets de San Francisco, publicou o seu primeiro volume en 1935, These are the Ravens. Posteriormente ingresou na orde dos dominicanos e cambiou o seu nome literario polo de Brother Antoninus, pseudónimo baixo o que publicou At the Edge (1958). Logo, abandonou a orde e volveu publicar co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de extravertido.
-
PERSOEIRO
Poetisa sudafricana. Considerada a primeira poetisa en lingua afrikaans, da súa produción destaca Die stil avontuur (A aventura silenciosa, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1797-1834), da dinastía dos qāŷāríes. Trala perda de Xeorxia en favor de Rusia, tentou a alianza con Napoleón Bonaparte, proxecto abortado trala paz franco-rusa de Tilsit (1807). Declaroulle a guerra a Turquía (1821) e, posteriormente, entrou novamente en conflito con Rusia, á que lle houbo de entregar gran parte de Armenia (1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta e lingüista. Exerceu o seu labor pastoral entre os araucanos en Chile. Publicou unha gramática do araucano (Arte de la lengua general del reino de Chile, 1764). Coa a expulsión dos xesuítas dos dominios da Coroa española (1767), refuxiouse en Italia, onde publicou, en defensa da Compañía de Xesús, Memoria católica (1783).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FUE.
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Academia de San Fernando de Madrid e foi mestre do Rei Carlos de Portugal. Cultivou a paisaxe, próxima ao realismo de C. de Haes, o retrato, baseado no debuxo e no que captaba a psicoloxía das personaxes, e a pintura de historia. Da súa obra, destacan María Pita, Defensa de Lugo, Confurco, Na eira e Mariña. A súa obra está presente, por exemplo, na Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e diplomático. Conde de Fersen e mariscal de Suecia, fillo do conde Fredrik Axel Fersen. En 1779 entrou ao servizo de Francia e foi axuda de campo do conde de Rochambeau na Revolución Americana. Tras converterse en favorito da Raíña María Antonieta volveu a Suecia (1784), desde onde organizou a fuxida do Luís XVI e María Antonieta. En 1809, trala Revolución Sueca, forzou o Rei Gustavo IV a abdicar, polo que foi acusado de traizón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique Fernández Sendón.
-
PERSOEIRO
Piloto automobilístico brasileiro. Vencedor de 14 grandes premios, proclamouse campión do mundo de Fórmula 1 en 1972 (Lotus) e en 1974 (McLaren). Entre 1976 e 1980 participou no campionato mundial de Fórmula 1 coa súa propia escudería. Despois pasou a competir na Indy CART, da que se proclamou campión en 1989. Ademais venceu nas 500 millas de Indianapolis en 1989 e 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Orne, en Normandie, Francia, situada na beira dereita do Orne e ao S-SO de Caen (17.888 h [1990]). É un núcleo de industria téxtil e metalúrxica. Do seu patrimonio cultural destacan a vila galorromana e o castelo (s XVI-XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do grupo das Furneaux, a máis grande do arquipélago, no estreito de Bass, ao NL de Tasmania. A cidade principal é Emita.
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira de Australia Meridional, ao L do lago Torrens. Sitúase en dirección N-S desde o lago Eyre ata o golfo de Spencer. Culmina no pico Saint Mary, de 1.189 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante inglés. Explorou a costa australiana (1795-1799) e comprobou que Tasmania era unha illa. Percorreu o litoral meridional de Australia, o golfo Spencer e o de Carpentaria, e a Great Dividing Range. Publicou, en dous volumes e un atlas, A Voyage to Terra Australis (1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Editou a revista Ethische Kultur (1895-1899). Representou a tendencia moderada da renovación pedagóxica de principios do s XX. Escribiu, entre outras obras, Sexualethik und Sexualpädagogik (Ética sexual e pedagoxía sexual, 1907), Lebensführung (Arte da vida, 1909) e Religion und Charakterbildung (Relixión e educación do carácter, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta latino e haxiógrafo. Intercedeu por el san Martiño de Tours cando estaba a piques de morrer; en recompensa, peregrinou á súa tumba. En 597 foi elixido bispo de Poitiers, e morreu pouco despois. A súa festividade celébrase o 21 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO