Estudis Universitaris Catalans

Estudis Universitaris Catalans
Nome científico: [EUC]

Ensino de tipo universitario que se iniciou o 16 de outubro de 1903 como unha das consecuencias do Primer Congrés Universitari Català, en que se debateu a organización dunha universidade catalá autónoma. Defendía como lingua de comunicación o catalán polo que foi rexeitado da universidade oficial e se ligou a outras institucións (Ateneu Barcelonès e Escola Industrial). Comezou ensinando dereito civil catalán e historia de Catalunya e, de seguida, tamén economía social e política arancelaria, literatura catalana, dereito público catalán e, máis adiante, historia da arte catalana, xeoloxía aplicada a Catalunya, técnica e análise química, agricultura, pedagoxía nacional, estudios portugueses, filoloxía románica, filosofía, gramática comparada do latín e o catalán, historia musical e étnica da cançó popular, lóxica e metodoloxía da ciencia e xeografía. Foron profesores do EUC estudiosos como A. Rubió i Lluch, Pompeu Fabra e Eugeni d’Ors. Co tempo os estudios reducíronse a gramática, literatura, historia e xeografía, ata que a chegada da Guerra Civil obrigou a suspender todas as actividades. Estas restablecéronse en 1942 co ensino regular de lingüística catalana, historia da literatura, historia de Catalunya e, esporadicamente, dereito civil catalán, economía política, paleografía e arqueoloxía.

Palabras veciñas

Estudios Gallegos | estudioso -sa | Estudis Romànics | Estudis Universitaris Catalans | estufa | estufado -da | estufar