estufa
estufa
(< estufar)
-
s
f
[ENX]
Aparello que xera calor por combustión de calquera materia combustible e que se emprega para quentar un cuarto, un local ou calquera outro espazo pechado.
-
s
f
[ENX]
Cámara ou caixa metálica, pechada ou illada do exterior, en que se pode acadar e manter no seu interior a temperatura desexada. Emprégase en laboratorios e instalacións industriais para esterilizar, secar, producir cultivos microbianos e outros fins.
-
s
f
Estancia das termas destinada a producir unha gran sudación.
-
s
f
Edificio de ferro e cristal característico de finais do s XIX e comezos do s XX que acollía exposicións.