"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea di Bartolo di Simone. Nos seus comezos traballou en Venecia, cidade na que realizou os frescos da igrexa de San Zacarías. No ano 1444 estableceuse en Florencia. Entre a súa produción de tema relixioso sobresaen os frescos do antigo convento da Santa Apolonia (?1449-1450) e, entre os de tema profano, o monumento ecuestre de Nicola di Tolentino (1456, Santa María dei Fiore) e a serie de Homes e mulleres ilustres (tamén en Santa Apolonia), baixo a influencia do escultor Donatello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea d’Agnolo. Foi discípulo de Piero di Cosimo. Entre as súas primeiras obras sobresaen os frescos da vida de san Filipe Benizzi (1509-1510), na igrexa da Annunziata de Florencia. En 1518 foi a Francia por requirimento de Francisco I. É autor da Última cea en San Salvi (1519), considerada a máis bela despois da de Leonardo; así como de La Madona delle Arpie e da Dama llegint Petrarca, ambas as dúas na Galleria degli Uffizi (Florencia). Pertence á xeración posclásica do Renacemento italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Activo entre 1343-1377. Acadou sona, sobre todo, cos seus frescos do Capellone degli Spagnoli (1366-1367) en Santa María Novella de Florencia. Seguiu o estilo de Giotto, pero cunha certa liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena serra que se estende ao longo de 2,4 km con dirección NO-SL polo SO da parroquia de Andreade, no concello de Paradela. As súas máximas cotas acadan os 747 e 740 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde das andreais.

    2. Brión da orde das andreais.

    3. Orde de briófitos integrada por unha única familia, as andreáceas, de pedicelo curto e cápsula que se abre en 4 ou 8 valvas, que forman coxíns escuros sobre as rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aeronauta italiano. Fixo a primeira ascensión en globo libre en Italia (1784).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Ilas dos Estados Unidos, no centro do arquipélago das Aleutianas. As illas principais son, de O a L, Tanaga, Kanaga, Adak, Atka e Amlia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Capelán da condesa María de Champaña. Por encargo seu escribiu en latín, no último terzo do s XII, o tratado De amore (‘Sobre o amor’), testemuño dos costumes morais da época que gozou de moita aceptación na literatura medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemana. Mantivo unha relación de amizade con Nietzsche, Rilke e Freud, de quen foi discípula. A súa influencia reflíctese en obras como: Friedrich Nietzsche in seinen Werken (‘Friedrich Nietzsche nas súas obras’), publicada en 1894; Rainer Maria Rilke, Gedenkbuch (‘Lembranza de Rainer María Rilke’), en 1928; e Mein Dank an Freud (‘O meu agradecemento a Freud’), no ano 1931. A súa autobiografía (1951) debuxa unha panorámica da vida cultural centroeuropea de comezos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do grego Ảνδρας. Para uns estudiosos procede de ἀ νδρία ‘virilidade, valor’ e, para outros, sería unha apócope agarimosa dalgún nome composto de andr ‘home, varón’ (ex: Andrócles, Andrómachos). A forma Andreu consérvase como apelido. É un dos nomes nos que, á par da forma normativa santo, o uso asentou a forma san. O apóstolo santo Andrés foi o primeiro seguidor de Cristo (chamado polos gregos Protokletos ‘o primeiro chamado’) e, segundo as lendas, santo Andrés de Teixido é o propio apóstolo de Cristo. A recente reforma do calendario litúrxico retirou santos europeos e introduciu este para resaltar a universalidade da Igrexa. Conta con varias celebracións: o apóstolo santo Andrés, o 30 de novembro; santo Andrés de Teixido, o 8 de setembro; o mártir xaponés Andrés Kim Taegón, o 20 de setembro; e santo Andrés Avelino (s XVI), o 10 de novembro na Rúa. Santo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico francés. Autor de novelas de ciencia-fición, publicou en 1977 o debate ecolóxico Le desert du monde (‘O deserto do mundo’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista francés. Compuxo diversas obras, cun estilo similar ao de Corelli. Publicou o libro Principes de l’accompagnement du clavecin (Principios do acompañamento do clavecín, 1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Androuet Du Cerceau.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio romano no que se celebraban diferentes espectáculos públicos. Aquí tiñan lugar as loitas de gladiadores, os xogos venatorios con animais salvaxes, as loitas de homes desarmados con feras (que a miúdo se convertían en execucións en masa) e, con menos frecuencia, había simulacións de combates navais. Era un edificio de planta elíptica, cun espazo central, area, e unha serie de bancadas que o rodeaban, cavea, separadas por un muro, podium, e ás veces por un foso. Tipicamente romano, só se podían atopar nas cidades máis importantes. Un dos máis antigos que se conservan é o de Pompeia (s I a C). A maior parte deles foron construídos durante o Alto Imperio (ss I-III d C). O maior é o Coliseo, en Roma. Son tamén importantes os de Nimes e Arles (Francia), o de Verona (Italia), o de Pula (Croacia), o de El-Djem (Tunicia) e os de Mérida, Itálica, Tarragona e Segóbriga na Península Ibérica.

      1. Nun teatro moderno, conxunto de asentos colocados ordinariamente en bancadas semicirculares.

      2. Público que ocupa estes asentos.

    2. Aula con asentos colocados en bancadas dispostas de forma semicircular.

      1. Cabeceira dun val ou dun terreo deprimido, de forma máis ou menos circular, rodeada de montañas.

      2. anfiteatro de moreas

        Acumulación en forma de arco circular das moreas terminais dun glaciar, ao redor do extremo final da lingua glacial. Ten unha altura que pode oscilar entre uns poucos metros e os 40 ou 50 m. O anfiteatro ou vallum de moreas presenta habitualmente un perfil disimétrico, cunha vertente interna abrupta e unha vertente exterior cunha pendente pouco pronunciada e que se une, auga abaixo, cos depósitos fluvioglaciais.

    3. Sala de disección nas escolas de medicina, hospitais e outros edificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e intérprete de clavecín francés, discípulo de Chambonnières, a quen sucedeu como clavecinista de cámara de Luís XIV (1662). Publicou: Pièces de clavecin (Pezas de clavecín), Principes de l’accompagnement (Principios de acompañamento), cinco Fugues pour l’orgue (Fugas para órgano) e un Quatour sur le Kyrie pour l’orgue. A súa obra é interesante dende o punto de vista técnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre-Jean Rémy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Traduciu a Metamorfoses (1561) de Ovidio en oitavas italianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suspensión temporal de todo proceso pensante.

    VER O DETALLE DO TERMO