Andrés/Andrea

Andrés/Andrea
[ONOM]

Antropónimo derivado do grego Ảνδρας. Para uns estudiosos procede de ἀ νδρία ‘virilidade, valor’ e, para outros, sería unha apócope agarimosa dalgún nome composto de andr ‘home, varón’ (ex: Andrócles, Andrómachos). A forma Andreu consérvase como apelido. É un dos nomes nos que, á par da forma normativa santo, o uso asentou a forma san. O apóstolo santo Andrés foi o primeiro seguidor de Cristo (chamado polos gregos Protokletos ‘o primeiro chamado’) e, segundo as lendas, santo Andrés de Teixido é o propio apóstolo de Cristo. A recente reforma do calendario litúrxico retirou santos europeos e introduciu este para resaltar a universalidade da Igrexa. Conta con varias celebracións: o apóstolo santo Andrés, o 30 de novembro; santo Andrés de Teixido, o 8 de setembro; o mártir xaponés Andrés Kim Taegón, o 20 de setembro; e santo Andrés Avelino (s XVI), o 10 de novembro na Rúa. Santo Andrés, un dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI), é titular de 73 parroquias e patrón do concello de Cabanas onde se celebra o día 29 de novembro. Como nome de persoa presenta as variantes André, Andreu, Andel (Sant’Andel de Xeve) Arandel/Andresa, Andrea e os hipocorísticos Dete, Nes, Necho, Tino. É abondosa a fraseoloxía galega que recolle este nome:

Frases feitas

  • Es un Andrés Lacazán e que se desentende das súas obrigas.

  • Ó cabo chegóu Andrés Cando chega alguén que esperabamos e tardaba.

  • O tempo por san Andrés o mesmo val mal que ben Alude a que xa non inflúe nos asuntos agrícolas, que nesta época parecen adormentados. Outras recollas da tradición popular son: ""

  • Polo san Andrés hai porcos gordos pra vender"", ""Onde vas Andrés? Onde me leven os pés""."

  • San Andrés, san Andrés, o que se dá, vólvese outra ves Unha vez que se dá algo a alguén, non se lle pode quitar despois.