Andrés, santo apóstolo

Andrés, santo apóstolo

Irmán de san Pedro e pescador coma el. Foi o primeiro seguidor de Cristo. Evanxelizou Escitia (na actual Rusia), e aínda que este apostolado está sen confirmar, si se admite que estivo no mar Negro e na Ucraína. Segundo a lenda, un anxo mandoulle visitar a Mateo, cego e preso na Etiopía. Finalmente volveu a Grecia, e estivo en Macedonia e no Peloponeso, onde sufriu martirio: atárono a unha cruz en forma de aspa, sen cravalo, para que a agonía fose máis lenta; así foi, agonizou durante dous días e expirou ao terceiro.