Andrés, Xoán de
Andrés, Xoán de
Mestre de obras que traballou en Compostela no último terzo do século XVI. Realizou a sancristía da capela de San Pedro da Cerca, contratou as obras da desaparecida portería do convento de San Francisco de Santiago e rematou a obra dun arco sobre medios piares na capela de San Roque de Santiago.