"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Pedagogo norteamericano de orixe alemana. Profesor de linguas vivas en América, ideou un método de ensino baseado na asociación do obxecto e da acción coa palabra que o designa, prescindindo da gramática. Puxo en práctica por vez primeira este sistema nunha escola que abriu en Providence (Rhode Island) en 1878, cunha fórmula que se espallou por todo o mundo. O método Berlitz transformou a pedagoxía do ensino das linguas vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa cubana. Intuitiva e influída polo Modernismo, deuse a coñecer con Alma errante (1916). É autora tamén de Como los pájaros (1919), Cuestiones cubanas (1928) e Exaltación (1928), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao bhili.

    2. Nome de diversas falas do grupo índico occidental usadas maioritariamente polos bhils. Son principalmente variantes dialécticas do gujarāti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección aos libros, especialmente a que consiste en coleccionar, publicar ou adquirir edicións ditas de bibliófilo, máis queridas como monumento tipográfico que polo seu contido. Os bibliófilos coleccionistas pódense interesar por diversos aspectos do libro: antigüidade, rareza, determinados temas, procedencia ou lugar de impresión, ilustración, encadernación, etc. A bibliofilia foi practicada especialmente dende os humanistas italianos. Dende finais do s XIX volveu ser unha manifestación de artesanía e de arte fronte ao libro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor renacentista de orixe borgoñesa, tamén coñecido co nome de Filipe de Borgoña. En 1498 instalouse en Burgos e desde alí estendeu a súa obra por toda Castela. É o autor, na Catedral de Burgos, do retablo da capela do Condestable (1523-1526), en colaboración con Diego de Siloé, e do cadeirado do coro, con Alonso Berruguete, con quen formou sociedade desde 1519. Realizou tamén o retablo da Capela Real de Granada (1521), o retablo do descendemento da Catedral de Toledo (1524-1527) e o sepulcro do cóengo Gonzalo Díez de Lerma na Catedral de Burgos (1524). A súa obra, modelo de corrección técnica e de expresividade contida, constitúe un bo testemuño da evolución plástica castelá do primeiro terzo do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrato e período do Cámbrico inferior, situado sobre o Marianiano e por baixo do Cámbrico medio. O estratotipo está en Huermeda, preto de Calatayud, provincia de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Bilbiliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade celtíbera localizada no Cerro de la Bámbola (Huermeda, preto de Calatayud). Perdida por Sertorio (74 a C) a mans de Metelo, foi romanizada de contado. Fillos de Bílbilis foron o poeta Marcial e os xuristas Materno e Liciniano. Pertencía ao convento xurídico cesaraugustano, na Tarraconense, como municipio itálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Calatayud ou á antiga cidade de Bílbilis.

    2. Natural ou habitante de Calatayud ou da antiga Bílbilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua asiática da familia índica setentrional central. Ten uns cinco millóns de falantes e está estendido o seu uso en Gujarāt, Mandhya Pradesh, Mahārāshtra e Rājasthān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción ou excreción da bile.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á bile ou que a contén.

    2. Cada un dos esteroides que hai na bile, caracterizados pola posición cis dos aneis A e B e porque todos os grupos hidroxilo están en posición a. Os máis coñecidos son os ácidos cólico, desoxicólico, quenodesoxicólico e litocólico. Proveñen da síntese hepática a partir do colesterol e están na bile en forma de sales biliares conxugados coa glicina ou a taurina.

    3. Nome xenérico que se lle dá a toda unha gama de substancias que proveñen da degradación da hemoglobina dos eritrocitos no fígado, no bazo e na médula ósea, e que teñen unha coloración verde ou amarela característica. Os máis importantes son a bilirrubina e a biliverdina.

    4. Nome xenérico dunhas substancias altamente tensoactivas e moi solubles en auga que se atopan na bile e que teñen un papel importante no metabolismo intermedio como emulsionantes dos lípidos. Son os sales dos ácidos biliares conxugados con taurina ou glicina.

    5. Condutos que levan a bile dende o fígado ata o intestino delgado. Son os condutos biliares intrahepáticos dereito e esquerdo, a súa reunión constitúe a canle hepática, o conduto cístico e o colédoco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua afroasiática da familia cusita central. Conta con 32.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á organización familiar estruturada por grupos de parentela que inclúen parentes por liña materna e por liña paterna.

    2. Relativo ou pertencente a dúas liñas ou que contén dúas liñas.

    3. Aplicación f: E 1 ´E 2 →F entre espacios vectoriais, que é lineal respecto a cada unha das variables, é dicir, que satisfai f(ax 1 +y 1 ,x 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(y 1 ,x 2 ) e f(x 1 ,ax 2 +y 2 ) = af(x 1 ,x 2 )+f(x 1 ,y 2 ).

    4. Aplicación bilinear f: E 1 ´ E 2 →K dos espacios vectoriais E 1 e E 2 no corpo común de base K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madeira producida polas árbores dos xéneros Sarcocephalus e Nauclea, propios da África tropical, que se emprega no revestimento de mobles, en decoración, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito ou expresado en dúas linguas.

    2. Que fala ou se desenvolve con facilidade en dúas linguas.

    3. Que se caracteriza pola existencia do bilingüismo, especialmente se falamos dun territorio lingüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de bilingüe.

    2. En xeral, o bilingüismo é o emprego de dúas linguas, e como tal se opón ao monolingüismo (emprego dunha soa lingua). Non obstante , o fenómeno do bilingüismo presenta dous aspectos ben diferentes: un individual e outro social. Como fenómeno social, o bilingüismo consiste na copresencia de dúas linguas no seo dun país, rexión, cidade ou grupo social. O bilingüismo non é un fenómeno da lingua, senón do seu uso; á Lingüística, en consecuencia, interésalle principalmente en función dos fenómenos de interferencia. A Psicoloxía e a Pedagoxía interésanse, pola contra, polas consecuencias do bilingüismo na formación do individuo. Modernamente, a Socioloxía ocúpase tamén do bilingüismo como elemento do conflito entre culturas diversas, o que contribuíu ao nacemento da Sociolingüística, de xeito que o bilingüismo individual é obxecto de estudo da Psicolingüística e o bilingüismo colectivo da Sociolingüística. No que atinxe ao primeiro, a cuestión que se presenta inicialmente é cál é o nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten abundancia de bile.

    2. Que está causado por un exceso de bile.

    3. Tipo de temperamento definido por Hipócrates para referirse aos individuos nos que na súa fisioloxía a bile é un factor dominante. Son suxeitos fracos, pesimistas e coa cara pálida e amarelenta. Este concepto, cientificamente obsoleto, persiste na linguaxe popular.

    4. Que se caracteriza pola súa irritabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das proteínas que se eliminan na bile e que levan bilirrubina conxugada.

    VER O DETALLE DO TERMO