bibliofilia
bibliofilia
(
s
f
Afección aos libros, especialmente a que consiste en coleccionar, publicar ou adquirir edicións ditas de bibliófilo, máis queridas como monumento tipográfico que polo seu contido. Os bibliófilos coleccionistas pódense interesar por diversos aspectos do libro: antigüidade, rareza, determinados temas, procedencia ou lugar de impresión, ilustración, encadernación, etc. A bibliofilia foi practicada especialmente dende os humanistas italianos. Dende finais do s XIX volveu ser unha manifestación de artesanía e de arte fronte ao libro industrial.
Ex: Estas obras conserváronse grazas á bibliofilia dos monxes do mosteiro.
Citas
- Estas obras conserváronse grazas á bibliofilia dos monxes do mosteiro.