"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para determinar a dureza dun material que consiste en comprimir unha esfera de aceiro contra unha superficie plana do material; con isto prodúcese unha deformación en forma de casquete esférico. A dureza vén dada polo cociente entre a presión P da esfera e a superficie S da deformación provocada, e exprésase en graos Brinell.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro sueco. Realizou investigacións no campo da cristalización e da manufactura do aceiro que o levaron a idear, no ano 1900, o ensaio de dureza para metais e aliaxes que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e crítica literaria. Foi profesora na Universidade de París de literatura estadounidense. Os seus estudios versan sobre a literatura de ciencia-fición, a metafición, a narrativa de posguerra e o nouveau roman. Entre os seus estudios salienta Unha gramática da metáfora (1958). Escribiu, entre outras obras, Amalgamemnon (1984) e Texterminación (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián. Acadou a cátedra de Botánica do Colegio de Cirugía de Santiago en 1799, cando esta institución iniciaba a súa actividade. Tamén impartiu docencia de química, física xeral e mineroloxía, relacionadas coa medicina e incorporando de xeito innovador aos autores máis salientables da época. Asemade, foi cirurxián titular do Hospital de Santiago. Foi o introdutor, no ensino superior galego, da docencia dalgunhas disciplinas científicas, especialmente da historia natural e da química. Estivo na vangarda da difusión da vacina en Galicia, iniciando as vacinacións en agosto de 1801. Profundizou na relación entre o ser humano e a naturaleza, o discurso inaugural do curso de 1804 tivo por por título “la relación íntima y recíproca de la Naturaleza entera y el hombre sano y enfermo” e constituíu unha das súas intervencións máis acabadas en estrutura e actualización.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Estudiou en Zaragoza e Madrid e foi profesor do instituto Lucía Medrano de Salamanca dende 1949 e catedrático de Fundamentos de Filosofía e Historia dos Sistemas Filosóficos na Universidad de Oviedo dende 1960. É o creador dun dos sitemas filosóficos máis sólidos, coherentes e profundos do último terzo do s XX; así, a partir da súa crítica do materialismo histórico dende unha perspectiva marxista baseada na práctica, desenvolveu unha ontoloxía baseada en tres xéneros de materialidade (corporeidade ou exterioridade, interioridade e obxectos abstractos) e elaborou a súa Teoría del cierre categorial (1992). En 1988 o ministerio de Educación y Ciencia prohibiu o seu libro Simploké como libro de texto para o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP). Fundou e dirixe a revista El Basilisco. Ao seu redor constituíuse a chamada Escola de Oviedo, que está aplicando a súa teoría do peche categorial a distintos eidos do saber: ontoloxía, teoría de la ciencia, antropoloxía,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertecente a Burkina Faso ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Burkina Faso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de comunicación publicitaria a través da que unha empresa pretende vender a outra os seus produtos ou servicios. Neste caso o consumidor individualizado non existe como tal, senón que o potencial comprador é outra empresa ou organismo. Esta publicidade é un elemento máis do márketing industrial.
-
PERSOEIRO
Poeta e compositor neerlandés. Foi músico da corte dos duques de Borgoña. Compuxo gran número de motetes e chansons, xénero no que sobresaíu, e foi un mestre no rondeau e na bergerette.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid. Especializouse na arte gótica galega, tema da súa tese Contribución al estudo del gótico en Galicia (1959), e realizou numerosos estudios, entre os que destaca “Pervivencias y ecos del Pórtico de la Gloria en el gótico gallego” (1991). É colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Archivo Español de Arte, Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología e Cuadernos del Arte Español. Ademais participou en congresos e obras colectivas como Arte Galega: estado da cuestión (1990). Entre as súas obras cómpre salientar Historia del Arte Español (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos nove sesquiterpenos bicíclicos isómeros que se atopan distribuídos no gálbano e nos aceites esenciais de cubeba, de cimbro e doutras plantas. O isómero máis importante, o β-cadineno, foi illado do aceite de cimbro e obtido por síntese a partir do bisaboleno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maurice Joseph Micklewhite.
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas melodramáticas, entre a súa produción destacan as obras: The shadow of a crime (A sombra dun crime, 1885) e The eternal city (A cidade eterna, 1901). Amigo de Dante Gabriel Rossetti, escribiu o libro de memorias Recollections of Rossetti (Recordos de Rossetti, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista norteamericano. É autor dunha obra abundante de carácter naturalista, destacando as novelas Tobacco Road (A ruta do tabaco, 1932) e Deep South (Profundo sur, 1968), onde se observa unha preocupación sociolóxica vinculada a situacións a miúdo cómicas. Foi correspondente de prensa na URSS e tamén escribiu guións cinematográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Destacou como historiador da literatura, como biógrafo e como ensaísta. Cultivou tamén a poesía, a novela e o teatro. Publicou Cartea nuntii (O libro das vodas, 1933), Principii de estetica (Principios de estética, 1939), Bietul Ioanide (O pobre Ioanide, 1953), Estetică basmului (A estética do conto, 1965) e Conceptul modern de poezie (Concepto moderno de poesía, 1970), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario de carácter satírico aparecido na cidade de Santiago de Compostela no ano 1909.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en outubro de 1985 na Coruña e subtitulada “Boletín informativo”. Editada pola Cámara Oficial Minera de Galicia, contén as seccións: “Minería”, “Disposiciones”, “Opinión”, “Noticias” e “Pasatiempos”. É gratuíta e ofrece información do sector mineiro galego, aspectos legais da administración e diversos artigos de opinión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
camariña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
camariñán.
-
-
Relativo ou pertencente ao camiño.
-
Que ou quen anda moito a pé.
-
Obreiro que se encarga da conservación e do mantemento dos camiños públicos.
-