Brinell, ensaio de
Brinell, ensaio de
[TECNOL]
Procedemento para determinar a dureza dun material que consiste en comprimir unha esfera de aceiro contra unha superficie plana do material; con isto prodúcese unha deformación en forma de casquete esférico. A dureza vén dada polo cociente entre a presión P da esfera e a superficie S da deformación provocada, e exprésase en graos Brinell.