"Josep" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse con Frederic Trias e na escola Llotja. Coa obra El fill pròdig (1880), gañou unha bolsa en Roma, onde asistiu á academia Gigi. De volta en Barcelona, traballou no monumento a Colón (1886) e na Exposición Universal de 1888. Iniciouse na temática relixiosa, onde destaca Crist ressuscitat (1914), no rosario monumental de Montserrat. Foi autor de Desconsol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Influído polo realismo social, publicou La Literatura Moderna a les Balears (1965), Quinze poetes gallecs (1976), Poesia galaico-portuguesa (1984), Poesia gallega, portuguesa i brasileira moderna (1988) e Poemes de Luis Pimentel i Celso Emilio Ferreiro (1992). En 1982 recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes e a Creu de Sant Jordi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ceramista e crítico de arte. Foi círitico de arte en La Veu de Catalunya e fundou a Agrupación Courbet. Foi decisivo o seu papel no desenvolvemento da cerámica occidental, cunha técnica en que deu primacía ás formas fronte ao debuxo. En París colaborou con Joan Miró, con quen fixo grandes murais cerámicos, como o da sede da UNESCO, a da Harvard University, a da fundación Maeght e o do aeroporto de Barcelona. Tivo exposicións individuais en París, Bruxelas, Londres, Nova York e Madrid. Recibiu a medalla de ouro da Exposición Internacional de París (1937) e o Gran Premio da Terceira Bienal Internacional Hispanoamericana (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. Inventou un sistema para observar as protuberancias solares e en 1868 descubriu o helio na atmosfera do Sol. Considérase que foi el quen determinou a temperatura na superficie do Sol. Foi o fundador do Museo de Ciencias de Londres e da revista cinetífica Nature (1869), que editou durante 50 anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. Perfeccionou o primeiro detector de ondas hertzianas, inventado polo francés Branly, feito que facilitou os descubrimentos de Marconi, polo que se lle considera un dos precursores da telegrafía sen fíos. Recibiu o título de sir en 1902.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e editor. Mestre de Carles Riba, fundou xunto con Joaquim Folguera La Revista. Os seus primeiros libros tiveron moito eco entre os críticos e unha ampla influencia literaria. Escribiu Cants i al·legories (1917), Invocació secular (1926) e Epifania (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e editor. Mestre de Carles Riba, os seus primeiros libros, dos que destaca Intermezzo galant (1910), evolucionaron progresivamente cara á busca de Deus e o gusto pola imaxe intelectualizada e o epigrama. Cants i al·legories (1917) e Elegia (1925) acentúan a corrente intelectual e a busca da poesía pura. Foi membro do Institut d’ Estudis Catalan (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico austríaco. Estableceu a fórmula, non sempre correcta, de moitos compostos químicos e, en 1865, foi o primeiro en calcular o número denominado de Loschmidt.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Foi víctima da “caza de bruxas” de McCarthy ao ser acusado de manter actividades antiamericanas e na súa obra criticaba incisivamente algúns aspectos do mundo que coñecía. Dos seus filmes destacan Time Without Pity (1956), The Servant (1963), King and Country (1964), Secret Ceremony (1968) e Don Giovanni (1980). Foi premiado no festival de Cannes por Accident (1967) e The Go-between (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joseph Raymond McCarthy.
-
PERSOEIRO
Bailarina e cantante estadounidense. Coñecida como Josephine Baker, debutou en París (1925) incorporada á Revue Nègre. Foi vedette do Folies-Bergère e do Casino de París. Destaca a súa interpretación no filme Zou-Zou (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Descubriu a composición do xeso, do leite e doutras substancias de uso corrente. Os seus estudios sobre a composición do aire e da auga facilitaron os traballos de Lavoisier, pero mantivo, en contra das ideas innovadoras de este, a vella teoría floxística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e filósofo francés, irmán de François Xavier de Maistre. Representante da reacción tradicional contra a Revolución Francesa, entregouse á apoloxía da teocracia pontificia e foi un dos inspiradores do ultramontanismo do s XIX. Escribiu Considérations sur la Révolution Française (1796), Études sur la souveraineté (1797) e Du pape (1819).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto. Foi bibliotecario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación de Madrid e fundador do Instituto Nacional de Previsión. Publicou Reseña histórica de la Real Academia matritense de Jurisprudencia y Legislación (1884) e Una campaña en pro del seguro y de la previsión popular (1926-1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador estadounidense. Destacou pola gran variedade de filmes que dirixiu, desde westerns a adaptacións de Shakespeare, marcados pola intelixencia e a sofisticación. Destacan Letter to Three Wives (1949, Oscar ao mellor actor e ao mellor guión, 1950), All About Eve (1950, Oscar ao mellor director e ao mellor guión, 1951), Julius Caesar (1953), The Barefoot Contessa (1954) e Cleopatra (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san Xosé Manyanet.
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Despois da Revolución de Setembro de 1868, a Junta Revolucionaria encargoulle a redacción dunha declaración de dereitos humanos que serviu como base ao primeiro artigo da Constitución de 1869. Francisco Giner de los Ríos publicou postumamente unha escolma dos seus artigos titulada Estudios jurídicos (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Escribiu numerosas obras de interpretación histórica como Teoría del estado en España durante el siglo XVIII (1944), El concepto de España en la Edad Media (1955), Teoría del saber histórico (1958), Las comunidades de Castilla, una primera revolución moderna (1963) e Estado moderno y mentalidad social (1972). Foi membro da Academia de Historia de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Fundador da revista España musical y literaria, escribiu obras teatrais con intención moralizadora e ton humorístico. Destacan Los flacos (1870) e La mujer compuesta (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo neotomista belga. Xesuíta (1895), dedicouse aos problemas gnoseolóxicos e metafísicos e tratou de conciliar o tomismo e o neokantismo. Escribiu Le point de départ de la métaphysique (1923-1926), Études sur la psychologie des mystiques (1924-1931) e Précis d’histoire de la philosophie moderne (1933).
VER O DETALLE DO TERMO