Losey, Joseph

Losey, Joseph

Realizador cinematográfico estadounidense. Foi víctima da “caza de bruxas” de McCarthy ao ser acusado de manter actividades antiamericanas e na súa obra criticaba incisivamente algúns aspectos do mundo que coñecía. Dos seus filmes destacan Time Without Pity (1956), The Servant (1963), King and Country (1964), Secret Ceremony (1968) e Don Giovanni (1980). Foi premiado no festival de Cannes por Accident (1967) e The Go-between (1971).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Crosse, Wisconsin

  • Deceso

    Lugar : Londres