"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • GALICIA

    Historiador. Asesor da exposición Galicia e América, da súa obra destaca Comportamientos religiosos en Asturias durante el Antiguo Régimen (1989), Muerte y religiosidad en el siglo XVIII e Ceremonia y poder en el Antiguo Régimen: algunas reflexiones sobre fuentes y perspectivas de análisis (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Das súas obras destacan Biff, Bang Pow! (1997), Doutoru Deus (1999), O caderno (Premio Vicente Risco de Literatura Fantástica, 2001), A estraña estrela (2002) e A vida que nos mata (Premio García Barros, 2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Exerceu como director de diversas escolas de Bos Aires e colaborador en diversas publicacións periódicas. É autor dos libros poéticos Cantares patrióticos a los héroes del Callao (1866), Camila O’Gorman (1870), Flores del alma (1872) e Pobres y ricos (1897), e da zarzuela nun só acto Las hijas sin madre (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e artista. Iniciouse como debuxante en 1970 na revista Chan, coas ilustracións Os nenos de Siro. Colaborou en Ferrol Diario e publicou en El Ideal Gallego o primeiro curso de idioma galego en prensa O tío de Xurxo. En La Región creou o espazo Con esta lupa, xunto con Carlos Casares, onde analizaba cuestións de política internacional en galego. En 1978 publicou na revista Grial os relatos titulados 20 entullo. En 1985 comezou a colaborar con La Voz de Galicia, xornal no que dirixiu o suplemento de humor Xatentendo.com. Publicou os álbumes Humor 71, Probes homes (1975), Os pecados capitais (1977), Homes e mulleres (1980) e Siro 30 anos despois (2000). Tamén publicou os libros Como debuxar caricaturas (1991), Castelao humorista (1996) e Celestino Fernández de la Vega (2002). Foi galardoado co Premio Merlín (1980),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un león de azur, linguado de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e artista. Publicou Cartafol de enredos, As caveiras de cabaza, Patrimonio arqueolóxico de Cedeira, As caliveras de melón e Samaín: A Festa das Caliveras (2003). Recibiu os premios Escola Crítica e Escola Viva, e foi o inspirador da Festa de Samaín de Cedeira e o creador da técnica dos encolados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarquista. Emigrou a Arxentina, onde ingresou na FORA na década de 1920. Foi expulsado cara a 1931 e volveu á súa aldea natal onde organizou aos labregos nunha sociedade afecta á CNT. Colaborador do voceiro Solidaridad Obrera, foi asasinado xunto co seu irmán Luís nos primeiros meses da Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito. Dedicouse á arqueoloxía, á historia e á arte. Foi director do Museo Provincial de Lugo desde a súa creación (1932) e dirixiu as escavacións de Santa Baia de Bóveda. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da de Bellas Artes de San Fernando. Ademais de diversas colaboracións en prensa, escribiu Santa Eulalia de Bóveda. Descripción y gráficos del monumento allí existente (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Coñecido como Lomarti, a súa pintura de principios da década de 1990 decantábase pola pop art, especialmente no referente ás series e ás reproducións cunha importante carga crítica. Empregou a colaxe e o recurso textual, incorporando á obra efectos poéticos. Evolucionou cara a unha fusión fragmentada de determinadas figuras en espacios abstractos como na instalación Respiración infame (1991). No escultórico, combinou a instalación coa talla en madeira, mármore e granito cunha linguaxe popular como en Auga pasada (1993) xunto cunha escultura semifigurativa, expresionista e fragmentada máis clásica como na obra Lobis naturae (1995). Ademáis de numerosas exposicións, fixo escenografías para artistas galegos e editou a revista de arte lucense Cruces de Bohemia e o libro Coroas de Mercurio (1997). Recibiu o primeiro premio de escultura no Certame Ciudad de Lugo (1993) e o primeiro premio do Certame de Pintura Cervo-Lugo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piloto de motociclismo. Foi campión de España de super-bike (1990) e o primeiro español en conseguir un podio nesta modalidade no campionato do mundo. Foi nomeado Deportista lucense do ano (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e investigador. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, exerce a docencia de Ciencia Política e da Administración na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, e é autor dunha prolífica obra investigadora que abrangue temas como o nacionalismo, a organización territorial ou os sistemas electorais e políticos de Galicia. Da súa obra científica, publicada en parte en diversos países de Europa e Latinoamérica, cómpre citar O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo (1996), Territorio e democracia (1996), A Galicia irredenta (1998), Un modelo de organización territorial para Galicia (2000), Introdución ao sistema político español (2001), Portugal, a rexionalización imposible (2002), Galicia e Portugal: a fronteira esvaída (2002) e a biografía Alfredo Brañas. O precursor do nacionalismo político galego (2004). Recibiu o Premio de Humanidades e Ciencias Sociais da Deputación de Pontevedra, o Alexandre Bóveda e a insignia de ouro da UNED.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Emigrou a Cuba onde rexentou a cátedra de Dereito Canónico e ingresou na carreira xudicial. Volveu a España e en1886 foi elixido deputado polo distrito de Padrón e continuou representando distintas circunscricións galegas ata 1902. Foi director xeral do Contencioso (1898), da Administración (1905) e de Correos e Telégrafos (1907). Nomeado subsecretario de Gracia e Xustiza (1909) posteriormente foi deputado por Madrid en 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Foi secretario xeral do Partido Socialista Popular de Galicia en Ourense e despois en Madrid. Cofundou a Xunta Democrática de Galicia e foi delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes en Ourense. Das súas obras destaca Viaje por los pequeños museos de Galicia (1989), en colaboración e Sargadelos y la cerámica gallega moderna pola que recibiu o premio do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Destinado en Cuba e na República Dominicana (1865-1867), volveu a España e loitou contra os carlistas en Euskadi (1870-1871) e enfrontouse cos republicanos que tomaran o arsenal de Ferrol (1872). Participou nos enfrontamentos contra os carlistas en Catalunya e acadou o grao de xeneral. Colaborou en diversas publicación e dirixiu El Tribuno e La crónica de Luarca. Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e escritor. Secretario xeral da Asociación de Autores de Teatro e membro do Consejo de Lectura do Centro Dramático Nacional, participou activamente na creación da Federación Nacional de Teatro Universitario e posteriormente no movemento do teatro independente. Da súa obra destacan La renuncia (1966), El testamento (1966), Collage Occidental (1967), Negro en quince tiempos (1967), Guernica (1969), Maniquí (1970), Anarchia 36 (1971), Comedia de la olla romana (1977), En busca del sexo perdido (1979), Compostela (1980) e Tiempos muertos (1984), sen esquecer as súas colaboracións como dramaturgo con grupos como Teatro Estudio Lebrijano, Teatro Universitario de Murcia ou Bojiganga. En 1998 foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Dramática e o Tirso de Molina pola súa obra Ahlán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Os seus traballos en prosa e verso foron publicados en diversos xornais, e a súa poesía “A nosa paisaniña a señora doña Josefa M. de E. nos seus días” está recollida no Album de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción destacan 14 poemas (1976), Despacios (1980), Teaza de brétema (1994) e Por un presa de machacantes (1996). Gañador dun accésit no certame de narracións breves Modesto R. Figueiredo nos anos 1988 e 1991, conseguiu o primeiro premio en 1992 co relato “A Pin-Up de Beatiful Street”. Ademais gañou o IX Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía coa obra Dende unha nada núa (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Francés, formouse na Escola de Artes Plásticas e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. As súas obras caracterízanse pola forza da materia e a sobriedade das formas. Traballou a madeira, o granito, o aceiro, o latón, a prata e o ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Militante socialista, foi delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia (1987-1990), e membro do consello asesor da TVE-Galicia (1990-1995). Alcalde de Lugo en 1999, foi reelixido en 2003. Escribiu El empleo: reto del momento (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Partido Republicano Galego (PRG), formou parte da comisión redactora do novo proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia en xullo de 1932.

    VER O DETALLE DO TERMO